Conversa usuario:Mauna
Benvido(a) á Galipedia, Mauna!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 18:39, 8 de xuño de 2012 (UTC)
- Non hai de que desculparse. E non esquezas asinar nas páxinas de conversa.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 19:14, 8 de xuño de 2012 (UTC)
hinduísmo[editar a fonte]
Ola, Mauna; revertín as túas últimas edicións nas que incluíches a categoría "Hinduísmo" nos artigos de varias persoas, pois ao estar xa na categoría "Personalidades do hinduísmo", é redundante incluír a categoría matriz. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:21, 9 de xuño de 2012 (UTC)
Pois ben mirado tes razón... ;) Un saúdo! --Mauna 13:25, 9 de xuño de 2012 (UTC)
Ligazóns internas[editar a fonte]
Ola, Mauna.
Abonda con meterlle ligazón interna a cada concepto unha vez, non fai falla facelo cada vez que sae no artigo. Tes máis información en Wikipedia:Guía/Ligazóns internas.
Un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 17:15, 14 de xuño de 2012 (UTC)
*nomeadamente[editar a fonte]
Iso é porque *nomeadamente non é galego [1], é portugués [2]. Mellor "especialmente", "principalmente", "particularmente", "en particular"... "especificamente" etc.
De todas maneiras, o revisor ortográfico só é unha axuda, unicamente fai suxestións. Pode ignorarse. De feito vai marcar palabras correctas (nos títulos orixinais de obras, nas citas etc).--. HombreDHojalata.conversa 19:30, 14 de xuño de 2012 (UTC)
hindú/cristián[editar a fonte]
Non é o mesmo caso, cristián sempre vai ser relativo ao cristianismo, porén, hindú pode ser relativo a procedente ou relativo á India, igual que chinés pode ser relativo ou procedente da China. --. HombreDHojalata.conversa 12:28, 19 de xuño de 2012 (UTC)
- O dicionario da RAG [3] di, hindú: adx. 1. Da India ou dos seus habitantes. A sociedade hindú divídese en castas. s. 2. Persoa natural ou habitante da India. O filme conta unha historia de amor entre un hindú e unha muller musulmá. ◆ sin. indio 1 .
- Logo, perfectamente poderíamos construír: O escritor cristián hindú Fulanito escribiu tal cousa. Non? . HombreDHojalata.conversa 13:32, 19 de xuño de 2012 (UTC)
- Terás que trasladar a cuestión á RAG [4]. --. HombreDHojalata.conversa 13:44, 19 de xuño de 2012 (UTC)
RE: Mensaxe de benvida[editar a fonte]
Basicamente, é un tema de respecto cara á persoa que deixou a mensaxe orixinalmente. Non se poden eliminar as mensaxes deixadas por outros usuarios nas páxinas de conversa, a menos que haxa un motivo xustificado para facelo (vandalismo). Neste caso, o que ti queres eliminar é unha caixa de benvida ({{Benvida}}) que contén as ligazóns ás páxinas básicas de axuda. É unha mensaxe que se lles deixa a todos os usuarios novos. Podes ver que a min tamén ma puxeron aló polo 2007 cando cheguei novo aquí. Non creo que sexa tanto problema deixar a caixa. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 29 de novembro de 2012 ás 19:32 (UTC)
Conversas[editar a fonte]
Boas Mauna, restaurei a conversa de Nirvana porque non se poden borrar os comentarios, aínda que sexan os teus propios, para que quede reflectido nas páxinas. Se o problema xa está resolto podes poñer outro comentario aclarando a situación e dicindo que xa se amañou, ou algo polo estilo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2013 ás 12:49 (UTC)