Conversa usuario:Galathil7

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Galathil7!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 10:31 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Galathil7.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 20 de novembro de 2014 ás 23:30 (UTC)[responder]

Benvida ao proxecto Galathil7.

Ninguén pensa que houbera mala intención. Ao contrario. Ben se ve que es unha editora novel. Por iso mesmo, e tendo en conta que ninguén nace aprendido, probablemente irás recibindo mensaxes para irte axudando co funcionamento da wiki.

Mentres esteas a editar un artigo, e para evitar o conflito de edicións, o sistema que temos é poñer: {{En uso}}. Podes ver exemplos do que che digo aquí.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 21 de novembro de 2014 ás 07:26 (UTC)[responder]

Unha nota de formato para o artigo de Houdini: as ligazóns externas (ligazóns que están en sitios web distintos á Galipedia) non van no medio do artigo, no medio do artigo só se poñen ligazóns internas. O que si podes poñer son referencias a webs externas, pero sería convinte ligar ás páxinas concretas onde se atope a información que queres referenciar. Poño un exemplo, dise no artigo que era presidente Sociedade Estadounidense de Magos e pos a ligazón a http://magicsam.com/, pero esa web ten centos de páxinas, habería que atopar unha que indicara que Houdini foi o seu presidente e poñer esa.

Outro detalle, non se pode usar como referencia o artigo doutra wikipedia, como fas por exemplo con esta ligazón: [http://en.wikipedia.org/wiki/Martin_Beck_%28vaudeville%29] xa que as wikipedias non son fonte primaria. Nese caso o convinte sería poñer a ligazón interna a Martin Beck, aínda que polo momento non exista o artigo.

Tamén deberías poñer na conversa do artigo o modelo {{Traducido de}} para indicar de ónde se fixo a tradución do texto.

En resumo: non se poden poñer ligazóns externas no medio do artigo. Podes ver algunhas cousas máis do formato da Galipedia no Wikipedia:Libro de estilo.

Bo traballo e se precisas calquera axuda no proxecto podes avisarme na miña páxina de usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de novembro de 2014 ás 09:43 (UTC)[responder]

Non revisei aínda os últimos cambios que fixeches no artigo pero respondo ó que me preguntas. O artigo pon que precisa referencias porque ten o modelo {{Sen referencias}}, iso foi día 21 pero ti engadiches máis contido dende ese día, se consideras que a información que ten o artigo está correctamente referenciada entón podes quitar o modelo. Se non estás segura podes preguntarlle ó usuario que llo puxo e pedirlle que revise o artigo para ver se xa se pode quitar o aviso. Non hai un número establecido de referencias que deba ter un artigo, toda a súa información debe estar referenciada, pero tampouco é necesario que haxa unha referencia por cada frase. Os datos máis importantes e algúns parágrafos deben estar referenciados para facer un bo artigo.
Xa vin que puxeches o modelo de Traducido de na conversa, tiven que facerlle un cambio para que quedara ben e agora con iso xa chega. Cando poidas bótalle un ollo ó cambio que tiven que facer por se o precisas para outra ocasión.
O artigo está "publicado" dende o primeiro momento, dende que se crea xa pode accederse a el. Se queres dicir que está finalizado iso nunca pasa, os artigos sempre poden mellorarse :) Se queres dicir que a túa tradución está rematada, si, con iso chega, con iso queres dicir que deches por rematado o teu traballo no artigo e que outros poden seguir mellorándoo e ampliándoo. Non te preocupes que xa non se vai borrar.
E ti non es nada pesada, eu si que son pesado, mira cantas liñas para non dicir case nada. A seguir! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2014 ás 13:26 (UTC)[responder]

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos[editar a fonte]

Ola Galathil7.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 4 de decembro de 2014 ás 07:33 (UTC)[responder]

West Side Story[editar a fonte]

Boas Galathil7! Fixen un comentario en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios sobre o que comentas de West Side Story, discordo coa solución que atopaches ao "problema", se podes valora o que sinalo no artigo e se queres podemos debatir a opción máis correcta. Un saúdo!! Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2015 ás 14:45 (UTC)[responder]

Copiei os comentarios sobre o tema do título na páxina de conversa de West Side Story (musical), continuemos alí o debate para que quede asociado ó artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 10:08 (UTC)[responder]
Boas Galathil, tiña pendente explicarche un pouco o tema de mover as páxinas e non daba atopado un momento libre para facelo, aproveito agora.
Cando se move unha páxina e se deixa marcada a opción de "Deixar unha redirección detrás" créase unha redirección, é dicir, unha páxina que automaticamente leva a outra. As redireccións son útiles nalgúns casos, por exemplo para crear un artigo e ligar con el outros nomes. Se hai unha redirección que non é correcta ou non é necesaria hai que facer un pequeno traballo. Primeiro imos á páxina da redirección, ó facer isto lévanos automaticamente á páxina que liga pero, se te fixas, na cabeceira do artigo debaixo do nome pon: (Redirixido desde "Nome do artigo que redirixe cunha ligazón"). Se premes na ligazón que aparece aí ó artigo que é a redirección levarate a esa páxina.
Agora o que hai que facer é cambiar as páxinas que ligan con esa redirección incorrecta. Para iso hai que premer na ligazón "Páxinas que ligan con esta" que está na sección de ferramentas na esquerda da páxina. Logo o que hai que facer é modificar cada unha desas páxinas e cambiar a redirección polo nome do artigo correcto. Para rematar, cando estean tódalas páxinas cambiadas, hai que ir á páxina da redirección, editala e engadir o Modelo:lixo indicando o motivo polo que hai que borrar a páxina. Con ese modelo márcase a páxina para borrar e os bibliotecarios ocuparanse desta tarefa cando teñan un momento.
É un proceso laborioso pero así que te vas afacendo a usar o proxecto xa lle pillas o tranquillo. Se precisas calquera aclaración podes deixarme un comentario na miña páxina de usuario ou na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2015 ás 09:05 (UTC)[responder]