Conversa usuario:Euskalduna

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Euskalduna!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. --HombreDHojalata Conversa comigo. 18:08, 9 xaneiro 2010 (UTC).

Problema de contido[editar a fonte]

Euskalduna, o contido ten que ser enciclopédico e sempre obxectivo e neutral. Esa frase que te empeñas en meter non o é. E o nome galego, que ademais está discutido na páxina de conversa en cuestión, é éuscaro. Por favor, axuda no que che preste pero non veñas crear conflitos. Un saúdo e benvida. --Atobar (conversa comigo) 21:59, 22 febreiro 2010 (UTC)

Creo que non estás polo labor de me entender. Olla para aquí e dime se en verdade coidas que esa frase última é neutral e obxectiva. Canto ao de éuscaro/vasco/euskera, nin cho entro a discutir; hai o que hai e punto, non admite moita réplica. Insisto, colabora se queres e se non tampouco non pasa nada. Un saúdo, Euskalduna.
Acabo de ver que borras contidos. Iso non se pode facer. O contido non ten pertende. Esta é una wiki participativa e aberta, de todos e de ninguén. O editor non é dono de nada. Niso consiste o asunto. Por favor, non recunques. --Atobar (conversa comigo) 22:16, 22 febreiro 2010 (UTC)

Vou propor o teu bloqueo nesta wiki e poñer en coñecemento da wiki vasca este proceder teu, por se lles puider interesar. Canto aos usuarios que segundo dis se dirixen á wiki portuguesa -galegos, imaximo-, supoño que será porque cren que falan portugués, non por xente coma min. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:27, 22 febreiro 2010 (UTC)

  • O bloqueo xa está pedido. Canto ao aviso na wiki vasca, fareino cando se tome unha resolución aquí. Saúdos outra vez. --Atobar (conversa comigo) 22:41, 22 febreiro 2010 (UTC)
Ola Euskalduna. Creo que non comprendes para nada o espírito polo que se rexe a wikipedia. Definitivamente non é un lugar onde comportarse de xeito infantil, e se tocan nos teus xoguetes pois enfádaste e quedas con eles. Non. A información que se engade aquí non pertence a ninguén, é colectiva, iso é algo que debería estar moi claro. Se por un casual me dera por enfadarme o día de mañá non é de recibo que me poña a borrar tódolos artigos que creei (ademais que moitos deles conteñen achegas de moitos outros usuarios). Ademais coido bastante claro que a frase que engadías non é enciclopédica, e aquí suponse que estamos a iso. A corrección foi moi cativa (o artigo está bastante ben) e non comprendo ese anoxo tan esaxerado. Agardo que comprendas que o único que facemos é procurar unha enciclopedia de máis calidade e seriedade, neutral e verificable. Sobre a propiedade dos artigos Wikipedia:Advertencia xeral. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 22:45, 22 febreiro 2010 (UTC)
Será que eliminar unha frase non enciclopédica é un comportamento infantil, pode ser. Dende logo monta-la lea que estás facendo por unha frase e logo dar aviso de que vas queixarte ós "maiores" non é para nada infantil. Cando alguén non quere comprender é difícil intentar que entenda o que significa unha enciclopedia, e o que significa que esta sexa colaborativa. Son as dúas principais cousas que se deberían coñecer, ou as dúas cousas polas que se debería ter interese cando entras a colaborar aquí. O coñecemento a disposición de todos e feito en mancomún. Eu creo que é un lugar demasiado bo como para apropiarse dos artigos e eliminalos. Iso amosa pouco respecto pola colaboración dos compañeiros. Agardo que rectifiques a túa actitude, tanto se segues editando aquí coma se non, xa que o máis importante é o respecto cara ós demais. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 23:28, 22 febreiro 2010 (UTC)

Agradecemento[editar a fonte]

Compañeiro/a, quéroche agradecer a túa contribución a este proxecto cultural. O primeiro artigo que contribuíches a crear está vivo e goza de boa saúde. Vámolo ver medrar aos nosos peitos. Quero que saibas que esta é a túa casa, sempre será benvida a túa colaboración na Wikipedia portuguesa. Un saúdo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 23:08, 22 febreiro 2010 (UTC)

Manu Chao[editar a fonte]

Compañeiro/a Euskalduna: repara no fondo e nas formas. Borra-la ascendencia galega "por falta de referencias" é un sinsentido, como comprenderás perfectamente. Facelo a modo de venganza pola acción anterior de Xoacas, unha chiquillada. Non se nega en ningures a ascendencia vasca senón que se resalta a galega. ¿Sorpréndete que se faga así na Galipedia? Outro aspecto a ter presente é que ese borrado teu pode afectar ó traballo de calquera outro usuario, no só o do obxectivo da represalia. Cousas así esvaran axiña no terreo da reversión e crean moi mal clima. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:35, 5 de agosto de 2010 (UTC)

Por favor, deixa de facer edicións non construtivas na Wikipedia. Semella que as túas edicións poden constituír vandalismo e foron revertidas ou eliminadas. Se o que queres é experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:56, 5 de agosto de 2010 (UTC)

Ola, Euskalduna. na Galipedia non se esconde nada, pois eses datos que mencionas, coas súas referencias, están no artigo. É norma na Wikipedia galega salientar que o paisano/a é galego na introdución, mentres que outras informacións, como a profesión dos pais ou se a nai é de Bulgaria, van no texto do artigo. Non hai ningún propósito de nada e, polo que a min respecta, trabúcaste bastante co de "nacionalismo". Máis nacionalista me parece ver na ascendencia de Manu Chao unha familia vasca e nn unha familia española, por exemplo, e a iso pareces non darlle importancia (pois ata onde eu sei, Bilbao está en España). Hai unhas normas de uso na gl.wk, que xa chas explicamos. Se non estás de acordo, como calquera usuario podes promover un debate sobre as normas e, ao remate, unha votación. Pero o que non podes é saltar esas normas unilateralmente. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 18:02, 6 de agosto de 2010 (UTC)

Euskalduna, a miña opinión sobre isto ou sobre o que fixeron usuarios no pasado da wikipedia non a coñeces, nin tes por que coñecelas. Pero aquí se funciona cunhas regras: concordo con algunhas e discordo con outras, pero o respecto ás normas comúns e aos demais é o principio básico da convivencia. Eu entendo que ti teñas unha opinión distinta con respecto á forma de expresar unha determinada información; quizais eu tamén os teña; pero na Galipedia temos unhas regras/costumes determinados, en función do que é máis e menos relevante. E con iso é co que hai que traballar.--Xabier Cid Conversa 18:16, 6 de agosto de 2010 (UTC)
Non se borra nada. No artigo dise claramente que a súa nai naceu en Bilbao. --Xabier Cid Conversa 18:27, 6 de agosto de 2010 (UTC)
Non se trata de enganar a ninguén. O artigo di exactamente: "Manu Chao é fillo do xornalista vilalbés Ramón Chao e de nai vasca de Bilbao[1][2]". Agradeceríache que falases cun pouco máis de cortesía. --Xabier Cid Conversa 19:07, 6 de agosto de 2010 (UTC)
Ola de novo. Insisto: o artigo di que a súa nai naceu en Bilbao, pero non o di no primeiro parágrafo, porque ese parágrafo, segundo os costumes de estilo da wikipedia se reserva para as datas de nacemento e morte, para a nacionalidade e para a orixe galega se a ten. Os demais datos de parentes, familiares, hobbies e demais non van —segundo os usos da Galipedia— nese primeiro parágrafo. Non se borra nin se oculta nada: ese dato está onde ten que estar. Polo demais, a min Manu Chao e a súa orixe seguen sen importarme en absoluto. O que me importa é o respecto das normas da Galipedia, coas que podo estar de acordo ou non. Un saúdo --Xabier Cid Conversa 19:45, 6 de agosto de 2010 (UTC).
Eu tampouco coñezo ningunha wikipedia onde se borren datos referenciados, Euskalduna. Pero mesmo na corta selección que fas de wikipedias pode verse que unhas priorizan uns datos e outras outros. Se tan afeito estás a traballar con distintas wikipedias, saberás que cada unha delas ten a súa peculiar maneira de ordear os contidos, de facer as ligazóns e de estruturar o mundo. E pregaríache que non me volveses a chamar nacionalista por respectar unhas normas de uso que estaban xa antes de eu chegar á wikipedia.gl. :) Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 20:17, 6 de agosto de 2010 (UTC)
Non confundas as cousas, porque levan a erro: cando piden o teu bloqueo é polo ton que empregaches, polos insultos e pola edición en vinganza. Ademais, tanto con Xoacas como comigo bordeaches a guerra de edicións e a piques estiveches de saltar a norma das tres reversións (se non a saltaches). Iso non ten que ver con ter distintas opinións, porque eu discrepei moitas veces con Lameiro e algunhas tamén con Xoacas, e non nos pedimos o bloqueo. O que ti chamas "falar con franqueza" todos os demais o chamamos saltar as normas básicas de cortesía neste contorno. Alberte, que é administrador, o que fixo é poñer paz e en ningún momento se alterou (de feito, e polo que dixen antes, ti podías ser bloqueado e sabiamente Alberte non o fixo). Creo que as túas colaboracións son valiosas, e por iso estou falando contigo. A miña relación con eles é moito máis longa, e non teño que convencelos de nada. --Xabier Cid Conversa 09:35, 7 de agosto de 2010 (UTC)

Aínda que estou de acordo contigo, non podes chegar e mudar unilateralmente o artigo cando esa mesma mudanza aínda está en fase de debate aquí. As cousas non se fan así, deberías sabelo, cómpre agardamos á decisión final da comunidade. Por este motivo vou reverter a túa edición. Un saúdo. --Paradanta 11:35, 13 de agosto de 2010 (UTC)

Reversións[editar a fonte]

Euskalduna, acabo de reparar en que o outro día reverteras as edicións miñas e despois de Xoacas. Vai amodo. Amais, é evidente que tes unha folla de ruta clara. Non tenses a corda, que aquí non estamos para vixiar senón para axudar. Para a próxima, se tes dúbidas, pregunta, e sobre todo no collas a xutiza (equivocadamente) pola man. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:14, 8 de novembro de 2010 (UTC)

Escríbesme en éuscaro e probabelmente sabes que non o entendo, porque non é unha lingua latina e nunca tiven a sorte de estudala (aínda así non descarto facelo). Segundo o Google translator, estás a me dicir algo das correccións e as estupideces, pero o tradutor non fedella como debería e de aí non dou saído. De calquera maneira, tanto ten. Na miña páxina de conversa tes un babel coas linguas que comprendo, se queres dirixirte a min, faino, por favor, nunha delas. --Atobar (conversa comigo) 10:42, 9 de novembro de 2010 (UTC)

Wikipedia en éuscaro[editar a fonte]

Ola, Euskalduna. Vin a edición que fixeches en Wikipedia en éuscaro. So quero advertirche de que a guerra de ediciós é motivo de bloqueo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:51, 10 de novembro de 2010 (UTC)

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipisicing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:04, 10 de novembro de 2010 (UTC)

É a enésima vez que creas problemas. Tes dúas semanas de bloqueo para reflexionar se queres contribuír a mellorar a Galipedia ou se soamente che interesa para un propósito persoal e para disparar contra o resto de editores. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16:01, 10 de novembro de 2010 (UTC)

Cómprereferencia[editar a fonte]

Non quites o cómpreferencia[1] sen achegares antes unha referencia. --Atobar (conversa comigo) 23:23, 25 de novembro de 2010 (UTC)

Edicións en castelán[editar a fonte]

Ola Euskalduna! Vin que ampliaches información no artigo Wikipedia en éuscaro, pero engadiches esa información en lingua castelá, sen deixar ningún aviso na páxina. Mireino por casualidade e traducino, pero ó non avisares ben puido quedar así sen que ninguén se decatase. O procedemento habitual cando se atopan textos en castelán nesta wikipedia é a o borrado, mais neste caso, sendo pouco o texto, decidín traducilo. Para a próxima non esquezas avisar se introduces un texto noutra lingua diferente do galego para podermos traducilo. Un saúdo... e parabéns por superarnos ;) --Alberte Si, dígame? 14:45, 19 de abril de 2011 (UTC)

Tes tres días de bloqueo, Euskalduna. Ademais é a cuarta vez que es bloqueado, e a cousa non pinta nada ben. Se volves, que por favor sexa para colaborares e sen a xa habitual folla de ruta e de molestias e ameazas. Canto dos contidos do artigo Wikipedia en éuscaro, un número redondo serve de referencia para o lector, de aí que sexa mellor falar de 80.000 o 22 de abril que de 82.543 hoxe, 84.343 mañá, 86.555 pasado etc., cifras que por forza cambian seguido. Por outra banda, ten en conta que o feito de medrar grazas aos bots de creación e paralelamente provocar que a profundidade baixa de 21 a 14 é calquera cousa menos un mérito. De eu ser editor de eu.wiki estaría profundamente decepcionado coa decisión que tomastes. Neste wikipedia non está permitido ese uso dos bots, por exemplo; o día que o estea, moitos baixaremos do carro. En fin, o devandito: tes tres días para reflexionar e para decidir se vas respectar o traballo doutros ou enfastiar a torto e a dereito. --Atobar (conversa comigo) 14:59, 25 de abril de 2011 (UTC)