Wikipedia en éuscaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Euskarazko Wikipedia
Wikipedia en éuscaro
Wikipedia-logo-v2-eu.svg
Wikipedia, Entziklopedia Askea
("Wikipedia, a enciclopedia libre").
Logo v2.0., a partir do ano 2010.


Euskarazko Wikipedia 2010.jpg
Portada da Wikipedia en éuscaro do ano 2010.

Lingua: Éuscaro
Data de creación: 1 de decembro do 2001
Artigos: 200.000
19 de setembro do 2014
Ligazón: Wikipedia en éuscaro

Wikipedia en vasco ou Wikipedia en éuscaro, en éuscaro Euskarazko Wikipedia ou Euskal Wikipedia, é a edición en éuscaro da Wikipedia. O 19 de setembro do 2014 chegou aos 200.000 artigos.

Historia[editar | editar a fonte]

A portada púxose en marcha o 7 de novembro do 2003, aínda que anteriormente o primeiro artigo xa se realizara o 6 de decembro do 2001.


O 25 de xaneiro do 2008 a Wikipedia en éuscaro recibiu o premio ou galardón Sareko Argia do 2008 concedido pola revista Argia, pola súa achega á presenza do éuscaro en internet.

O 18 de abril do 2011 superou os 70.000 artigos. Ese mesmo día a Wikipedia en éuscaro superou en cantidade os artigos da Wikipedia en galego (70.762 artigos), tornándose a cuarta Wikipedia das escritas en linguas que se falan na Península ibérica trala Wikipedia en castelán, a Wikipedia en portugués e a Wikipedia en catalán. A Wikipedia en vasco sitúase no terceiro lugar de Wikipedias en linguas que se falan en Francia por detrás da Wikipedia en francés e da Wikipedia en catalán, por diante da Wikipedia en bretón, a Wikipedia en occitano ou a Wikipedia en corso.

O 19 de setembro do 2014 chegou aos 200.000 artigos.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Txokoa[editar | editar a fonte]

En xullo do 2009 reorganizouse a sección Txokoa ("O Recuncho", similar á sección "A Taberna" doutras wikipedias) da Wikipedia e trala correspondente proposición e votación engadíronse a esta novas seccións.

Portais[editar | editar a fonte]

A inicios do ano 2010 a Wikipedia en éuscaro tiña 12 portais realizados polos seus usuarios, centrados en países, linguas e historia.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Número de artigos Ano
1.000 2004
10.000 2006
20.000 2007
30.000 2008
50.000 2009
60.000 2010
120.000 2011
130.000 2012
200.000 2014

Logos[editar | editar a fonte]

Á parte do logo principal superior, a Wikipedia en éuscaro adoita utilizar diferentes logos, xa sexa pola Euskal Astea ou para celebrar calquera outro acontecemento ou celebración importante no País Vasco:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en éuscaro

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]