Conversa usuario:Dou Gweler

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Dou Gweler!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 22:17, 5 febreiro 2009 (UTC).

Eu levo pouco nisto, pero cando precises axuda, pégame un toque. Que editar aínda non dou editado de todo ben, pero o galego coido que si o teño asentadiño. Saúdos.--Atobar 20:03, 10 marzo 2009 (UTC)

Dougweler, antes de nada, parabéns polo choio que estás levando a cabo ultimamente na Galipedia. E, ao segundo, unha proposta: vendo o teu historial de contribucións, reparei en que, malia que se ben ao leilán, editas artigos principalmente de futbolistas, cantantes e actores. Por iso, anímote a que deas o paso de decantarte por un tema que te interese e que o traballes a fondo, sen deixar de facer artigos diversos pero sempre cun guieiro de referente. Eu, por exemplo, sempre que teño arela de traballar a prol da Galipedia e non sei que facer, miro de argallar un artigo sobre música latinoamericana. Pois, por que non fas o mesmo digamos, por exemplo, cos actores de Hollywood? Al Pacino, Alfred J Fox, Demi Moore, e tantos outros aínda nons teñen artigo de seu na nosa wikipedia. Anímaste? Axuda vala ter de todos, con iso conta xa dende agora. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:25, 11 agosto 2009 (UTC)

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Ola, Dou Gweler! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:47 (UTC)[responder]

Pachycereus[editar a fonte]

Boas Dou Gweler, o artigo Pachycereus, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2017 ás 10:41 (UTC)[responder]

Boas, o artigo Ptah, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 20 de maio de 2022 ás 12:06 (UTC)[responder]

Síndrome de Asperger[editar a fonte]

Boas, o artigo Síndrome de Asperger, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2023 ás 17:51 (UTC)[responder]

Boas, o artigo Aceh TV, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 26 de agosto de 2023 ás 11:14 (UTC)[responder]