Conversa usuario:Dende

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Dende!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 25 de xullo de 2013 ás 20:22 (UTC)[responder]

Ola, Dende! Fixen unhas pequenas corrección no artigo que creaches, podes ver aquí os cambios. Retirei a sección de véxase tamén, por estar baleira. Nunha páxina de homónimos úsase para consultar outras páxinas de homónimos de nome semellante ou incluír ligazóns externas, e neste caso non tiña razón de ser. Introducín unha frase collida da en.wiki na que se recolle o significado orixinal da palabra. Tamén fixen algúns cambios menores. Polo demais a páxina esta perfecta. Se tes algunha dúbida sobre calquera cousa non deixes de preguntar.--Breogan2008 (conversa) 21:40, 27 de xullo de 2013 (UTC)

Hanna-Barbera[editar a fonte]

Boas e benvido á Galipedia, Dende! No artigo que acabas de crear chamado Hanna-Barbera, é preciso que busques un modelo propio da Galipedia para os datos que queres poñer en táboa. O que puxeches non funciona porque é copiado da wiki en castelán. Recoméndoche usar este, que é dos máis usados e completos para compañías empresariais. Pódelo copiar do apartado de Uso que aparece no cadro amarelo de embaixo. Parabéns polas túas achegas e a darlle duro. --Chairego_apc (si?) 13:15, 29 de xullo de 2013 (UTC).

Licenzas CC[editar a fonte]

Boas Dende. Calquera delas é válida para a Galipedia. Eu adoito a usar a v.4.0. Aquí podes botarlle un ollos ás que hai. Un saúdo! --Beninho (conversa) 23 de agosto de 2015 ás 16:29 (UTC)[responder]

Perdón pola intromisión, pero tamén é recomendable revisar a propia páxina da Galipedia: Wikipedia:Política de uso de imaxes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de agosto de 2015 ás 23:08 (UTC)[responder]

Ilustracións[editar a fonte]

Ola Dende.

Quería felicitarte e darte os parabéns polas túas achegas no eido das ilustracións, das que tan necesitados estamos neste proxecto.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 30 de agosto de 2017 ás 09:22 (UTC)[responder]

Resultado da votación do Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, na páxina de conversa de Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras xa están os resultados da votación, pasa por alí para consultalos e ter máis información. Parabéns pola túa achega e moitas grazas por colaborar deste xeito tan importante para o proxecto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 13:33 (UTC)[responder]

Ola de novo, veño a avisarche de que xa están os resultados da votación do Wikiconcurso de ilustración, por favor, pasa pola páxina de conversa para consultalos e escoller o teu agasallo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 23:28 (UTC)[responder]
Grazas polo teu ofrecemento para deseño, realmente pode sernos de moita axuda porque non temos xente que se adique a este tema. Se te animas, podería facerse un logo sinxelo modificando a bóla para indicar que xa ten 15 anos. Tería que estar listo antes do día 8 de marzo (perdoa que che avise con tan pouco tempo pero é que estou con varias cousas ó mesmo tempo...), e Categoría:Galician Wikipedia logo variants tes algúns exemplos dos logos que se puxeron outras veces. Hai que respectar o tamaño do bóla orixinal para que quede ben maquetada na páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 02:11 (UTC)[responder]

Dende, para facilitar a comunicación polo tema do Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras, pídoche que engadas un enderezo de correo electrónico de contacto na túa conta de usuario, xa que ó non editar habitualmente na wiki non podemos contactar contigo de forma doada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de marzo de 2018 ás 10:51 (UTC)[responder]

Alan Lee[editar a fonte]

Boas Dende, o artigo Alan Lee, que creaches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 14:10 (UTC)[responder]

categorías de imaxes[editar a fonte]

Ola, Dende! Como vai?

Que marabilla ver as fotos que subiches de Abadín! Nun par delas incluín categorías a maiores, concretamente "Wayside crosses in the province of Lugo" e "Churches in the province of Lugo". Sería guai que incluíses as categorías correspondentes noutras imaxes ("Cemeteries in the province of Lugo", "Fountains", "Entering settlement signs in Spain"...). Ademais, sería bastante útil que engadises as coordenadas do lugar fotografado, para poder ver as fotos nun mapa.

As categorías en Commons son algo liosas, pero están moooi completas, e poden chegar a ser moi útiles. Se tes algunha dúbida, pregunta sen medo que para iso estamos.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de decembro de 2018 ás 12:47 (UTC)[responder]

Para coñecer as coordenadas podes usar, por exemplo, Google Maps. Navegando por algún lugar, pulsas co botón dereito e en "Que hai aquí?" aparécenche as coordenadas do lugar. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de decembro de 2018 ás 15:03 (UTC)[responder]
Parabéns tamén da miña parte polas fotos de Abadín. E por un casual, non terás oportunidade de facer fotos das outras catro parroquias que faltan? :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2018 ás 17:09 (UTC)[responder]
Non hai présa ningunha! Eu tampouco son desa provincia, pero se ti tes previsto achegarte outra vez por alí e vas ter un momento para facer as fotos..., podo reservarche ese concello :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2018 ás 20:59 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Dende e Adrián: como ferramenta para as coordenadas, eu recomendo esta:   GeoLocator

Pos a sinal nun punto calquera do mapa e á esquerda aparece automaticamente o código coas coordenadas que, simplemente, hai que copiar e pegar na Wikipedia. --. HombreDHojalata.conversa 1 de decembro de 2018 ás 21:36 (UTC)[responder]

Ola Dende. Eu tamén me quero sumar aos parabéns polas fotos de Abadín, á vez que te animo a que continúes aportando fotos de parroquias. A ver se logramos rematar as que nos faltan de Lugo. Un saúdo --Satna (Ti dirás) 4 de decembro de 2018 ás 14:40 (UTC)[responder]