Conrado III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Conrado III, nado en 1093 e finado en Bamberg o 15 de febreiro de 1152, foi un emperador xermánico, o primeiro representante da dinastía dos Hohenstaufen.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Federico I, duque de Suabia e de Inés, filla do emperador Henrique IV.

Conrado recibíu do seu tío, o emperador Henrique V, o Ducado de Franconia en 1115. Herdou do seu pai o Ducado de Suabia. En 1138 foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, enfrontouse cos güelfos e expulsounos de Baviera pero non puido conseguir Saxonia, outro obxectivo seu, comezando desta forma a rivalidade entre güelfos e xibelinos. Loitou en Bohemia e Polonia. Participou na Segunda Cruzada, a petición de San Bernardo, xunto ao rei Luís VII de Francia, regresando a Alemaña tras o fracaso da Campaña de Damasco. Sucedeuno o seu sobriño Federico I Barbarroxa.

Sucedeu a:
Lotario II

Listaxe de Reis e Emperadores Alemáns

Sucedido por:
Federico I Barbarroxa

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Conrado III