Conceição Lima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaConceição Lima

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Santana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSan Tomé e Príncipe Editar o valor em Wikidata
EducaciónKing's College de Londres Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa , xornalista , escritora Editar o valor em Wikidata


Maria da Conceição de Deus Lima, nada en Santana o 8 de decembro de 1961, é unha escritora de San Tomé e Príncipe, coñecida como Conceição Lima.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou xornalismo en Portugal, e licenciouse en Estudos Afro-Portugueses e Brasileiros no King's College de Londres. Traballou na radio, televisión e na prensa escrita en San Tomé e Príncipe. En 1993 fundou o semanario independente O País Hoje, que dirixiu até a súa desaparición. Reside e traballa como xornalista e produtora dos servizos de lingua portuguesa na BBC.

Comezou a escribir sendo nena[1]. En 1979 participou en Angola na sexta Conferencia de Escritores Afro-Asiáticos. Publicou poesía en xornais, revistas, e antoloxías en varios países.[2] Está considerada unha poeta do período poscolonial.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

  • O Útero da Casa (2004)
  • A Dolorosa Raiz do Micondó (2006)
  • O País de Akendenguê (2011)
  • Quando Florirem Salambás no Tecto do Pico (2015)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Encontro emocionado de Ivo Machado e Conceição Lima com alunos do Colégio de Amorim". Câmara Municipal da Póvoa do Varzim (en portugués). 12 de febreiro de 2009. 
  2. Hamilton, R. G. (xaneiro de 2007). "Conceição Lima, Poet of São Tomé e Príncipe". Research in African Literatures (en inglés) (38): 194–198. ISSN 0034-5210. 
  3. Falconi, J.; Paredes, M. (2009). "Conceição Lima e Inocência Mata, Dois Lados da Moderna Travessia Literária São-Tomense". Legado Fliporto 2008, Trilhas da Diáspora (en portugués). pp. 274–285. .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "Conceição Lima". Centre for the Study of Contemporary Women's Writing. Universidade de Londres. Archived from the original on 09 de marzo de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2019.