Charlotte Posenenske

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCharlotte Posenenske
Biografía
Nacemento(de) Charlotte Mayer Editar o valor em Wikidata
28 de outubro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Wiesbaden, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte1 de outubro de 1985 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Frankfurt, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónState Academy of Fine Arts Stuttgart (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora , debuxante , arquitecta , pintora , artista de instalacións Editar o valor em Wikidata
MovementoMinimalismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
RepresentanteKonrad Fischer Galerie (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de xuño de 2007documenta 12 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePaul Friedrich Posenenske

Charlotte Posenenske, de solteira Mayer, nada en Wiesbaden en 1930 e finada en 1985, foi unha artista alemá asociada ao movemento minimalista que traballou principalmente na escultura, mais que tamén produciu pinturas e obras en papel. Posenenske creou unha serie de esculturas que exploraban sistemas e estruturas derivadas da produción en masa e da estandarización.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Posenenske naceu en Wiesbaden. O seu pai era xudeu. Debido á persecución dos xudeus na Alemaña nazi, suicidouse cando Posenenske tiña nove anos. Dous anos despois, Charlotte escondeuse para evitar a persecución[1][2] Antes de converterse en pintora e escultora, traballou varios anos como escenógrafa e deseñadora de vestiario. Posenenske estudou pintura con Willi Baumeister a principios da década de 1950 na Academia Estatal de Belas Artes de Stuttgart. Comezou a crear as súas propias obras de arte en 1956.

Posenenske traballou nunha variedade de medios e a súa práctica fíxose máis abstracta ao longo da década de 1960.[3] Tralas primeiras pinturas improvisadas de "arte informel" realizadas cunha espátula ou cunha pistola de pulverización, en 1967 e 1968 recorreu a esculturas de inspiración industrial de aluminio, aceiro ou cartón, con compoñentes modulares que podían combinarse e reproducirse ao seu antollo.[4] Mentres outros artistas da época traballaban en múltiples, onde se podía producir unha edición finita dunha obra, Posenenske traballaba en serie, o que significaba que non había límite para as edicións. O seu enfoque cara á arte foi moi democrático. Posenenske rexeitou o mercado de arte comercial, ofrecendo a súa obra á venda polo seu custo material.[4] As reconstrucións autorizadas polo patrimonio do artista non son réplicas e son exteriormente idénticas ao prototipo orixinal. Só o certificado diferencia a obra sen asinar doutras mercadorías.

A serie Vierkantrohre de Posenenske estaba formada por tubos de aceiro fabricados industrialmente semellantes en aparencia aos eixes de aire acondicionado. O seu traballo é parece semellante ao ready-made, mais Posenenske dirixiu a produción de materiais no seu proceso de traballo. Posenenske foi unha das primeiras defensoras da interactividade nas súas obras de arte mediante actuacións coreografadas e participación do público.[5] Convidou artistas e comisarios a reorganizar libremente e facer engadidos ao seu traballo en varias exposicións.

En 1968 Posenenske publicou unha declaración na revista Art International facendo referencia á reproducibilidade das súas obras e ao seu desexo de que o concepto e a propiedade da peza sexan accesíbeis:

Fago series
porque non quero facer pezas individuais para particulares,
para ter elementos combinábeis dentro dun sistema,
para facer algo que sexa repetíbel, obxectivo,
e porque é económico.
A serie pode ser prototipo para a produción en masa.
[...]
Cada vez son menos recoñecibles como “obras de arte”.
Os obxectos non pretenden representar outra cousa que non sexa o que son.[6]

Poseneske deixou de traballar como artista en 1968, xa non crendo que a arte puidese influír no comportamento social ou chamar a atención sobre as desigualdades sociais. Reciclouse como socióloga e converteuse en especialista en emprego e prácticas laborais industriais, especialmente na produción de cadeas de montaxe, ata a súa morte en 1985. Durante este período de exilio autoimposto, Posenenske negouse a visitar ningunha exposición e non mostrou a súa obra.[7]

Obras en coleccións[editar | editar a fonte]

  • Untitled, 1960, colección do Museo de Arte Moderna (Nova York)[8]
  • Untitled, 1965, colección do Museo de Arte Moderna (Nova York)[8]
  • Untitled, 1966, colección do Museo de Arte Moderna (Nova York)[9]
  • Sprayed Picture, 1964-5, colección da Tate (Londres)[10]
  • Prototype for Revolving Vane, 1967-8, colección da Tate[11]
  • Square Tubes [Series D], 1967, colección da Tate[12]
  • Square Tubes [Series D], 1967, colección da Tate[13]
  • 155 obras na Dia Art Foundation (Nova York)[14]
  • 4 Series B Reliefs (Prototypes), 1967, Centro de Artes Visuales Fundación Helga de Alvear[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Charlotte Posenenske Made Radically Accessible Minimalist Sculpture". Artsy (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2019. 
  2. "Charlotte Posenenske - Artists - Peter Freeman, Inc.". www.peterfreemaninc.com (en inglés). Consultado o 2018-11-26. 
  3. Smith, Roberta (9 de agosto e 2010). "Hands-On Reassembly in Stripped-Down Gallery". The New York Times. Consultado o 23 de decembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Jason Farago (13 de xuño de 2019), Dia Diversifies, While Staying True to Its Roots The New York Times.
  5. Tate. "'Prototype for Revolving Vane', Charlotte Posenenske, 1967-8 | Tate". Tate (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  6. Posenenske, Charlotte (maio de 1968). "Statement". Art International. no. 5. 
  7. Pesch, Martin (marzo–abril de 2000). "Charlotte Posenenske at Gallery AK, Frankfurt, Germany". Frieze Magazine (51). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 "MoMA New York collection website". Consultado o 12 de febreiro de 2014. 
  9. "MoMA New York collection website". Consultado o 12 de febreiro de 2014. 
  10. "Tate Collection website". Consultado o 12 de febreiro de 2014. 
  11. "Tate Collection website". Consultado o 12 de febreiro de 2014. 
  12. "Tate Collection website". Consultado o 12 de febreiro de 2014. 
  13. "Tate Collection website". Consultado o 12 de febreiro de 2014. 
  14. "Acquisitions of the month: December 2018". Apollo Magazine. 
  15. "Helga de Alvear Foundation website". Consultado o 28 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]