Willi Baumeister

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sello conmemorativo Willi Baumeister

Willi Baumeister (1889 - 1955) foi un pintor alemán.
Formouse na Academia de artes de Stuttgart con Adolf Hoelzel, alí fixo amizade con Oskar Schlemmer, a súa obra estivo moi influenciado pola arte primitiva e o surrealismo de Joan Miró.

En 1919 realizou o seu primeiro Mauer Bilder, un panel cunha estrutura en relevo como a dun muro, que conseguía ao botarlle area e xeso á pintura, e no que integraba as súas experiencias cubistas. En 1926 realizou a súa primeira exposición individual en París. Profesor da escola de arte en Frankfurt dende 1928, as súas obras formaron parte en 1937 da Exposición de arte dexenerada que organizaou o réxime nazi e en 1938 prohibiuselle dar clases. Profesor de pintura en Stuttgart dende 1946.
As súas pinturas son xeometrizantes, ao comezo aínda figurativo, pero que co paso do tempo convértese nunha arte claramente abstracta. Durante a época de prohibición nazi desenvolveu unha serie de pinturas coñecidas como ideogramas, que son puros signos e no que se advirten influencias da arte africana ou mesopotámica.