Charlie and the Chocolate Factory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charlie and the Chocolate Factory
Título orixinal Charlie and the Chocolate Factory
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Tim Burton
Produtor Brad Grey e Richard D. Zanuck
Guión John August, baseado no libro de Roald Dahl
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Johnny Depp (Willy Wonka), Helena Bonham Carter (nai de Charlie), Freddie Highmore (Charlie Bucket), David Kelly (Avó Joe), Noah Taylor (pai de Charlie), Missi Pyle (Sra. Beauregarde), James Fox (Sr. Salt), Deep Roy (Oompa-Loompas), Christopher Lee (pai de Willy Wonka), Adam Godley (Sr. Tevé), Franziska Troegner, (Sra. Gloop), AnnaSophia Robb (Violeta)
Música Danny Elfman
Fotografía Philippe Rousselot
Montaxe Chris Lebenzon
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 2005
Duración 115 minutos
País Flag of the United States.svg Estados Unidos e
Reino Unido Reino Unido
Xénero Fantasía, comedia
Orzamento 150 millóns de dólares
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Charlie and the Chocolate Factory é unha película dirixida por Tim Burton no ano 2005, baseada no libro homónimo de Roald Dahl. Está protagonizada por Johnny Depp, que interpreta a Willy Wonka, e Freddie Highmore, que interpreta a Charlie.

Foi rodada en Yorkshire, Inglaterra, e é a segunda adaptación da novela, tras Willy Wonka & the Chocolate Factory, dirixida en 1971 por Mel Stuart.

O guión foi escrito por John August, que xa traballara como guionista con Tim Burton no 2003 en The big Fish. August dixo que non vira a adaptación de 1971 antes de escribir o guión, e que lle preguntou a Tim Burton se debía mirala. Burton díxolle que non, polo que a nova adaptación non ten influencias da primeira.[1].

Johnny Depp xa traballara en varias películas de Tim Burton, e seica foi el quen recomendou a Freddie Highmore para interpretar a Charlie tras miralo en Finding Neverland.

Marilyn Manson tiña apalabrado[Cómpre referencia] con Tim Burton o papel de Willy Wonka desde había tempo, e mesmo a comezos dos 90 un dos seus videoclips era sobre a súa interpretación particular do libro. Ó final a súa participación non tivo lugar por presións da compañía distribuidora.

Johnny Depp afirmou que para o papel de Willy Wonka se inspirou en Howard Hughes no seu momento de reclusión, e nos glamurosos rock-stars dos anos 70.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas