Charlie e o grande ascensor de cristal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Charlie e o grande ascensor de cristal
Título orixinalCharlie and the Great Glass Elevator
Autor/aRoald Dahl
Ilustrador/aMichael Foreman
OrixeGales
Linguainglés
Xénero(s)Literatura infantil
EditorialEdicións do Cumio (Colección Gaivota, nº 5)
Data de pub.1972
FormatoTapa branda
Páxinas159
ISBNISBN 84-87126-03-0
Precedido porCharlie e a fábrica de chocolate
TraduciónXosé M. Dasilva e Xosé M. Cuervo
editar datos en Wikidata ]

Charlie e o grande ascensor de cristal, é un libro infantil escrito polo autor galés Roald Dahl, continuación de Charlie e a fábrica de chocolate. Nun principio o autor quería publicar un só libro, pero por indicación do seu editor dividiuno en dous.

Argumento[editar | editar a fonte]

Despois de conseguir o dereito a herdar a fábrica de chocolate, Charlie emprende unha viaxe con Willy Wonka e a súa familia ó espazo exterior mercede ó marabilloso ascensor de cristal, pero debido a un erro técnico entran en órbita. Unha vez que chegan ó espazo encóntranse co primeiro hotel espacial da historia, feito nos Estados Unidos, onde quedan a vivir. Dentro do hotel son sorprendidos por unhas criaturas sanguentas do universo chamadas Knidos Vermiciosos. Trás unha serie de problemas déixanos escapar. Os superviventes volven ó ascensor de cristal e intentar volver á terra, pero os Knidos Vermiciosos os atacan de novo. Finalmente Charlie e Willy Wonka son os salvadores e logran facer regresar o ascensor á Terra. Ó regreso Willy Wonka amósalles unhas pastillas chamadas Wonka-Vita, que permiten rexuvenecer 20 anos. Wonka ofrécelles varias pastillas ós avós de Charlie, que entolecidos por rexuvenecer consomen máis da conta, converténdose en bebés, agás o avó Joe, que decide non tomar pastillas e a avoa Georgina, que rexuvenece demasiado rápido e desaparece.