Centro espacial de Kourou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 5°11′4″N 52°45′45″W / 5.18444°N 52.7625°W / 5.18444; -52.7625

Mapa de localización do centro espacial.
Ariane-5 despegando.

O Centro espacial de Kourou oficialmente coñecido como Centre Spatial Guyanais o CSG é o lugar de lanzamento da Axencia Espacial Europea no territorio de ultramar da Güiana Francesa, moi preto de Kourou.

Índice

[editar] Historia

En 1964 o goberno de Francia creouno como base espacial para lanzar satélites. Cando se fundou a Axencia Espacial Europea no ano 1975 Francia ofreceuse a compartir Porto espacial de Kourou coa ESA. A ESA mellorou as instalacións e preparounas para o foguete europeo Ariane.

[editar] Plataforma de lanzamento

A súa situación a unha latitude de 5° 3' a uns 500 Km do Ecuador terrestre fan o luar axeitado para lanzamentos espaciais, permitindo aproveitar a velocidade de rotación de terra gañando empuxe, aforrando combustible e diñeiro.

O centro ten tres zonas de lanzamento.

[editar] ELA

Foi plataforma de lanzamento do foguete Ariane, foi usado para os modelos Ariane 1, Ariane 2 e Ariane 3 os cales foron retirados do servizo en 1989.

[editar] ELA 2

Foi usado para lanzar Ariane 4 hasta o ano 2004.

[editar] ELA 3

Actualmente úsanse para o lanzamento de Ariane 5.

[editar] ELS / Soyuz at CSG

Plataforma de lanzamento do foguete fabricado por Rusia Soyuz. A plataforma é case idéntica a doutros sitios como Casaquistán e Plesetsk en Rusia e capaz de poñer 3 toneladas en órbita xeoestacionaria no Centro espacial de Kourou comparadas 1'7 toneladas do Cosmódromo de Baikonur. O seu primeiro lanzamento puxo en orbita os dous primeiros satélites do europeo Sistema de Navegación por Satélite Galileo o 21 de novembro de 2011 [1] [2]

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

ESA (en inglés).

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas