Carlos Pajares
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Pajares Vales, nado en Madrid o 23 de xullo de 1945, é un físico español.
Índice |
Traxectoria [editar]
Catedrático de Física Teórica, investigou no campo da física teórica e das partículas elementais. Foi o primeiro decano da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, da que foi reitor (1984-1990). Propiciou a expansión da universidade e fomentou a normalización lingüística do galego. Recibiu o Premio da Divulgación Científica da Xunta de Galicia (1994) e o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica (2008). En 2008 foi nomeado delegado científico de España no Consello do CERN
| Predecesor: José María Suárez Núñez |
Reitor da Univ. de Santiago 1984 - 1990 |
Sucesor: Ramón Villares |
Obras [editar]
- La nueva física, 1975.
- Introdución a las interacciones fuertes, 1977.
- De lo más pequeño a lo más grande del universo, 1996.
- Introdución a la Física, 2001.