Cancer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a constelación Cancer ou Cangrexo, véxase Cáncer (constelación).
Para as enfermidades coñecidos xenericamente como cáncer ou cancro, véxase Cancro.
Cancer
Rango fósil: mioceno - actualidade
Boi de Francia, Cancer pagurus
Boi de Francia, Cancer pagurus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Brachyura
Familia: Cancridae
Xénero: Cancer
Linnaeus, 1758 [1]
Especies
  • Véxase o texto
Cancer bellianus
Cancer irroratus
Cancer productus

Cancer é un xénero de crustáceos decápodos mariños, o tipo da familia dos cáncridos (Cancridae), que inclúe 8 especies viventes e 3 extintas, entre elas cangrexos tan familiares da zona litoral como Cancer pagurus, o boi[2] [3] [4] ou boi de Francia.

Descrición[editar | editar a fonte]

As especies do xénero Cancer caracterízanse pola presenza dunha única puga posterolateral (no bordo do cacho, cara a parte traseira), espiñas anterolaterais con fisuras profundas (no bordo do cacho, cara á rexión frontal) e unha breve extensión do cacho cara a adiante, entre os ollos.[5]

As súas pinzas son xeralmente curtas, con quillas granuladas ou lisas, non espiñentas.[5]

O cacho é tipicamente oval, e os ollos están bastante separados.[5]

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero Cancer comprende oito especies vivintes:[6] [7]

Temén se uinclúen tres especies fósiles:[5]

Como a delimitación xenérica baséase nos caracteres do cacho, Schweitzer e Feldmann non puideron confirmar a inclusión de Cancer tomowoi no xénero, xa que se conservan só partes do esterno e das patas.[5] Por outra parte, outras especies incluídas até hai pouco no xénero transferíronse a outros, como Glebocarcinus, Metacarcinus e Romaleon.[6]

Historia taxonómica[editar | editar a fonte]

Cando a nomenclatura zoolóxica foi estandarizada Carl Linnaeus en 1758 (10ª edición de Systema Naturae, o xénero Cancer incluía a case todos os crustáceos, entre eles a todos os cangrexos.[7] [8]

O engorroso xénero de Linnaeus pronto foi dividido en unidades máis significativas, e Cancer restrinxiuse a un grupo de verdadeiros cangrexos por Pierre André Latreille en 1802 (Histoire naturelle, générale et particulière des Crustacés et des Insectes).[7] Latreille designou a C. pagurus como a especie tipo en 1817.[6]

En 1975 J. Dale Nations dividiu o xénero Cancer en catro subxéneros: Cancer (Cancer), Cancer (Glebocarcinus), Cancer (Metacarcinus) e Cancer (Romaleon).[7] [9]

Cada un destes subxéneros agora considéranse como xéneros independentes, como tamén o é o xénero Platepistoma, erixido por Mary J. Rathbun e restaurado en 1991..[7]

Desde entón, outros xéneros se describiron para albergar especies previamente incluídas en Cancer , de xeito que hoxe contén tan só oitio especies.[7]

Historia evolutiva[editar | editar a fonte]

Os primeiros fósiles que poden atribuirse con certeza ao xénero Cancer son os de C. fujinaensis, do mioceno do Xapón.[5]

O xénero, por tanto, evolucionaría no norte do océano Pacífico, quizais durante o mioceno, e se estendería a través deste océano e do Atlántico no plioceno ou no plistoceno, cruzando a liña ecuatorial e o estreito de Panamá.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Linnaeus, Carolus (1758): Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, 10ª ed., vol. 1.
  2. boi no dicionario da RAG.
  3. Ríos Panisse, M. C. (1977), pp. 25-27.
  4. Ramonell, Rosa (1985), pp. 242-244.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Schweitzer, Carrie E. & Rodney M. Feldmann (2000): "Re-evaluation of the Cancridae Latreille, 1802 (Decapoda: Brachyura) including three new genera and three new species". Contributions to Zoology 69 (4): 223–250. Texto Dispoñíbel tamén en PDF.
  6. 6,0 6,1 6,2 P. K. L. Ng, D. Guinot & P. J. F. Davie (2008). "Systema Brachyurorum: Part I. An annotated checklist of extant Brachyuran crabs of the world". Raffles Bulletin of Zoology 17: 1–286. http://rmbr.nus.edu.sg/rbz/biblio/s17/s17rbz.pdf.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Frederick R. Schram & Peter K. L. Ng (2012). "What is Cancer?". Journal of Crustacean Biology 32 (4): 665–672. DOI:10.1163/193724012X640650.
  8. Geoff Boxshall (2007): "Crustacean classification: on-going controversies and unresolved problems" Zootaxa 1668: 313–325. PDF editor Z. Q. Zhang & W. A. Shear Linnaeus Tercentenary: Progress in Invertebrate Taxonomy.
  9. J. Dale Nations (1975): "The genus Cancer (Crustacea: Bachyura): systematics, biogeography, and fossil record" Natural History Museum of Los Angeles County Science Bulletin 23: 1–104 PDF

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
  • Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.