Primeira División de Paraguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira División de Paraguai
Fundación 1906
Rexión Flag of Paraguay.svg Paraguai
Equipos 12
Actual campión Olimpia (39º título)
Máis laureado Olimpia (39 títulos)
Sitio web Páxina oficial

O Primeira División de Paraguai é a competición de máximo nivel da liga profesional de fútbol que se disputa en Paraguai, organizada pola Asociación Paraguaia de Fútbol.

A competición foi inaugurada en 1906 cos 5 equipos que existían daquela no país, por iniciativa do xornalista Adolfo Riquelme. Dende a tempada 1996 divídese en dous torneos, Apertura e Clausura, aínda que ó remate da tempada había unha final para definir cal era o único campión. Dende 2008 iso xa non é así, e cada torneo está considerado un título por sí mesmo.

La liga paraguaia non é das mais poderosas dentro da Conmebol, pero algúns dos seus clubs teñen amosado un gran nivel en certas ocasións, facendo que os equipos da liga sexan respectados nas competicións continentais, chegando con frecuencia ás roldas finais eliminatorias en torneos como a Copa Libertadores e a Copa Sudamericana. O club máis laureado na historia do campionato é o Club Olimpia (39 títulos), seguido do Club Cerro Porteño (28 títulos), ámbolos dous da cidade de Asunción.

Na actualidade 12 equipos disputan 2 torneos cada tempada, Apertura e Clausura. O torneo Apertura dispútase na segunda metade do ano, mentres que o torneo Clausura dispútase na primeira metade do seguinte ano. Cada torneo componse de 22 xornadas, é dicir, de dúas voltas nas que cada equipo xoga fronte ós restantes 11 equipos da liga.

Equipos 2012[editar | editar a fonte]

Estadio General Pablo Rojas.

O formato do campionato divide a tempada en dous torneos, Apertura e Clausura, cada ún composto de 22 xornadas. Tanto o gañador do torneo Apertura como o gañador do torneo Clausura son considerados campións.

Os seguintes 12 equipos disputarán o torneo Apertura 2012:

Equipo Cidade Fundación Estadio Capacidade
Cerro Porteño Asunción 1 de outubro de 1912 General Pablo Rojas 32.000
Cerro Porteño PF Presidente Franco 10 de decembro de 1967 Estadio Cerro Porteño 5.000
Guaraní Asunción 12 de outubro de 1903 Rogelio Livieres 6.000
Independiente CG Asunción 20 de setembro de 1925 Ricardo Gregor 1.500
Libertad Asunción 30 de xullo de 1905 Dr. Nicolás Leoz 10.000
Nacional Asunción 5 de xuño de 1904 Arsenio Erico 4.000
Olimpia Asunción 25 de xullo de 1902 Manuel Ferreira 20.000
Rubio Ñu Asunción 24 de agosto de 1913 La Arboleda 5.500
Sol de América Villa Elisa 22 de marzo de 1909 Luis Alfonso Giagni 5.000
Sp. Carapeguá Carapeguá 10 de febreiro de 2010 Teniente Alcides González 3.000
Sp. Luqueño Luque 1 de maio de 1921 Feliciano Cáceres 28.000
Tacuary Asunción 10 de decembro de 1923 Roberto Béttega 7.000

O Estadio Defensores del Chaco, fogar da selección de Paraguai, acolle regularmente os encontros de máxima rivalidade, como son os que enfrontan a Club Olimpia e a Club Cerro Porteño, e nos últimos anos tamén Club Libertad e Club Guaraní.

Palmarés[editar | editar a fonte]

O palmarés da liga está claramente dominado polos equipos da capital do país, Asunción. Só dous equipos teñen interrompido ese dominio en 4 ocasións. O Club Olimpia lidera o palmarés con 39 títulos, sendo ademais o equipo paraguaio con mellor palmarés nas competicións continentais, con 3 Copas Libertadores gañadas. O Club Cerro Porteño e o outro gran dominador desta competición, con 28 títulos.

Nº Títulos Equipo Campionatos obtidos
39 Asunción Club Olimpia 1912, 1914, 1916, 1925, 1927, 1928, 1929, 1931. 1936, 1937, 1938, 1947, 1948, 1956, 1957, 1958, 1959, 1960, 1962, 1965, 1968, 1971, 1975, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1985, 1988, 1989, 1993, 1995, 1997, 1998, 1999, 2000, Cl-2011
28 Asunción Club Cerro Porteño 1913, 1915, 1918, 1919, 1935, 1939, 1940, 1941, 1944, 1950, 1954, 1961, 1963, 1966, 1970, 1972, 1973, 1974, 1977, 1987, 1990, 1992, 1994, 1996, 2001, 2004, 2005, Ap-2009
15 Asunción Club Libertad 1910, 1917, 1920, 1930, 1943, 1945, 1955, 1976, 2002, 2003, 2006, 2007, Ap-2008, Cl-2008, Cl-2010
10 Asunción Club Guaraní 1906, 1907, 1921, 1923, 1949, 1964, 1967, 1969, 1984, Ap-2010
8 Asunción Club Nacional 1909, 1911, 1924, 1926, 1942, 1946, Cl-2009, Ap-2011
2 Luque Club Sp. Luqueño 1951, 1953
2 Villa Elisa Club Sol de América 1986, 1991
1 Asunción Club Pte. Hayes 1952

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]