Cadros de Leonardo da Vinci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autorretrato de Leonardo da Vinci.

Esta é unha lista de cadros atribuídos a Leonardo da Vinci, (15 de abril de 1452 - 2 de maio de 1519), un dos grandes artistas do Renacemento. En xeral, quince obras atribúense a Leonardo, ou na súa totalidade ou en gran parte; a maioría son pinturas sobre táboa, pero tamén hai un mural, un gran debuxo en papel e dous esbozos de preparación de obra. Están en discusión seis pinturas máis, hai cinco obras que ultimamente lle foron atribuídas, e dúas son copias de traballos perdidos. Ningunha das pinturas de Leonardo está asinada, e esta lista recolle as opinións de varios estudosos.[1]

O número pequeno de pinturas que sobreviviron é, seguramente, debido á constante experimentación con técnicas novas por parte de Leonardo. Aínda así, estes poucos traballos, xunto cos seus cadernos de notas, que conteñen debuxos, diagramas científicos e os seus pensamentos sobre a natureza da pintura, constitúen unha contribución ás xeracións posteriores de artistas igualado, salvando as distancias, só polo legado do seu contemporáneo, Michelangelo.

Lista de cadros[editar | editar a fonte]

Pinturas atribuídas a Leonardo[editar | editar a fonte]

Imaxe Título Ano Técnica Dimensións Localización Notas
Bautismo de Cristo 1472 - 1475 Óleo sobre táboa 177 x 151 cm Galería Uffizi, Florencia Pintado por Andrea del Verrocchio, pero o anxo ao lado esquerdo está feito por Leonardo.[2] Recoñécese en xeral que Leonardo tamén pintou unha gran parte da paisaxe de fondo. É un dos primeiros traballos que existen del. A declaración de Giorgio Vasari que o anxo da esquerda é obra de Leonardo está confirmada por estudos por Bode, Seidlitz e Guthman, e aceptada por McCurdy, Wasserman e outros.
Anunciación 1472 - 1475 Óleo sobre táboa 98 x 217 cm Galería Uffizi, Florencia En xeral, crese que é a primeira obra completa existente de Leonardo. Ata o 1869, a obra atribuiase a Verrocchio. Actualmente hai consenso na atribución a Leonardo, proposta por Liphhart, e aceptada por Bode, Lübke, Muller-Walde, Berenson, Clark, Goldscheider e outros.[1]
Madonna Dreyfus 1475 - 1480 Óleo sobre táboa 15,7 x 12,8 cm National Gallery de Washington Obra previamente atribuída a Verrocchio ou Lorenzo di Credi. Para a maioría dos críticos, a anatomía do neno Xesús é tan pobre que desanima unha posible atribución, mentres que outros cren que é un traballo da mocidade de Leonardo. Esta atribución foi feita por Suida, en 1929. Outros historiadores de arte como Shearman e Morelli atribúeno a Verrocchio.[1] Daniel Arasse (1997) considera esta pintura como un traballo de mocidade de Leonardo.[3]
Retrato de Xenebra de Benci 1476 Óleo sobre táboa 38,8 x 36,7 cm National Gallery de Washington Waag, en 1866, propuxo a atribución da obra a Leonardo, e recibiu o apoio de Bode. Os primeiros estudosos do século XX mostraron o seu desacordo, pero a maioría dos críticos actuais aceptan tanto a autoría como a súa identidade.[1]
Madonna Benois 1478 Pintura ó óleo 49,5 x 33 cm Ermitage, San Petersburgo A maioría dos críticos coinciden coa atribución a Leonardo, como Berenson, Clark e Castelfranco.[1]
Virxe do caravel 1478 - 1480 Óleo sobre táboa 62 x 47,5 cm Alte Pinakothek, Múnic Acéptase de xeito xeneralizado que é de Leonardo, pero aparece algún sobrepintado dun posible pintor flamengo.[1]
Anunciación 1478 - 1480 Temple e óleo sobre táboa 16 x 60 cm Museo do Louvre París Algúns críticos propoñen a teoría de atribuír a obra á man de Lorenzo di Credi, pero partindo este para a súa realización dun debuxo previo de Leonardo. Apoia esta proposición a existencia dun debuxo atribuído a Leonardo co mesmo esquema xeral, e que se conserva na Galería Uffizi.
San Xerónimo penitente c. 1480 Óleo e temple sobre taboa 103 cm × 75 cm Museos Vaticanos Aceptada unanimemente pola maioría de críticos como orixinal. Inconclusa.
Adoración dos Magos 1481 Óleo sobre táboa 240 x 250 cm Galería Uffizi, Florencia Inacabada.
A Virxe das Rochas 1483 - 1486 Óleo sobre táboa (Transferido a tea) 199 x 122 cm Museo do Louvre, París A maioría dos especialistas considérana como a primeira das dúas versións que existen sobre o mesmo tema. Enteiramente autógrafa segundo a maioría deles.
A dama do armiño 1485 Óleo sobre táboa 54 x 39 cm Museo Czartoryski, Cracovia Que a pintase Leonardo foi obxecto dun longo debate desde que, en 1889, se propuxera que el era o seu autor. A atribución do cadro Xenebra de Benci apoiou que esta obra tamén se dea como de Leonardo.[1]
Madonna Litta 1490 Óleo sobre táboa (transferida a lenzo) 42 x 33 cm Ermitage, San Petersburgo En anos recentes, sobre a base dunha comparación estilística, algúns críticos (entre os que se atopan Carlo Pedretti, David A. Brown, Maria T. Fiorio e P. C. Marani) consideran que esta obra é produto do pincel de Giovanni Antonio Boltraffio.[4]
Retrato dun músico 1490 Óleo sobre táboa 45 x 32 cm Pinacoteca Ambrosiana, Milán Discutida.
La Belle Ferronière 1490 - 1495 Óleo sobre táboa 62 x 44 cm Museo do Louvre, París Discutida.
A última Cea 1495 - 1497 Pintura o fresco 460 x 880 cm Santa Maria delle Grazie, Milán Aceptada unanimemente como obra leonardesca e unha das súas principais realizacións.
A Virxe das Rochas 1495 - 1508 Óleo sobre táboa 189,5 x 120 cm National Gallery de Londres Xeralmente aceptada como unha versión posterior á do Louvre. Realizada coa colaboración de Ambrogio de Predis e quizais outros. Mentres a data non é aceptada por todos, a colaboración do taller de Leonardo parece indiscutible.[1]
Sala delle Asse 1498 - 1499 Pintura ó fresco Castelo Sforzesco, Milán Aceptada totalmente. Luca Beltrami fixo unha gran argumentación con documentos da época de Leonardo.[5]
Cartón de Burlington House 1501 - 1505 Carbón, xeso branco e negro en papel tinxido 142 x 104,5 cm National Gallery de Londres Aceptada sen discusión.
Virxe do fuso 1501 Pintura ó óleo 50,2 x 36,4 cm Museo Soumaya, Cidade de México Existen tres versións, aparentemente feitas por artistas diferentes, quizais copias dun traballo perdido que se describiu que pertencía a Leonardo. O máis coñecido, propiedade do Duque de Buccleuch, foi roubado en 2003 e recuperado en 2007.[6]
A Gioconda 1503 - 1506 Óleo sobre táboa 77 x 53 cm Museo do Louvre, París Aceptada sen discusión.
A Virxe, o Neno Xesús e Santa Ana 1510 - 1513 Óleo sobre táboa 168 x 112 cm Museo do Louvre, París Aceptada sen discusión. No entanto, o seu estado de conservación é regular e sufriu restauracións severas.
Baco 1510 - 1515 Óleo sobre táboa, transferida a tea 177 x 115 cm Museo do Louvre, París En xeral, está considerada como unha copia dun debuxo.[1]
San Xoán Bautista 1513 - 1516 Óleo sobre táboa 69 x 57 cm Museo do Louvre, París Aceptación xeneralizada. O Anonimo Gaddiano, escribiu que Leonardo pintou un San Xoán. Considerada a última grande obra de Leonardo.[1]

Atribucións máis recentes[editar | editar a fonte]

Imaxe Título Ano Técnica Dimensións Localización Notas
Tobías e o ánxel 1470 - 1480 Pintura ao temple sobre táboa 83,6 x 66 cm National Gallery de Londres Unha pintura de Verrocchio mentres Leonardo traballaba no seu taller. Martin Kemp suxire que Leonardo puido pintar algunha parte deste traballo, probablemente o peixe. David Alan Brown, da National Gallery de Washington, tamén lle atribúe o can.
Os santos infantes abrazándose 1486 - 1490 Diversas versións en coleccións privadas. Segundo Stephen Holmes, quen escribiu un libro The Lost Leonardo (2007), o consenso entre os expertos era que se trataba da mesma man que a de A Virxe das Rocas en Londres, e de igual calidade.
A Virxe e o Neno Xesús con San Xosé 1472 - 1475 Témpera sobre táboa Diámetro 87 cm Galería Borghese, Roma Atribuída previamente a Frei Bartolomeo. Logo dunha limpeza recente, a Galería Borghese propón a atribución como unha obra de mocidade de Leonardo, baseada na presenza dunha pegada digital similar a unha que aparece en A dama do armiño. Non hai acceso ao resultado da investigación.[7]
María Magdalena Temple e óleo sobre táboa Recentemente foi atribuída a Leonardo por Carlo Pedretti. Con anterioridade, considerábase que era unha obra de Giampietrino, artista que pintara un certo número de Magdalenas.[8] Esta atribución a Leonardo non é aceptada por algúns especialistas como, por exemplo, Carlo Bertelli, ex director da Galería Brera de Arte en Milán, que ademais de opinar que non é de Leonardo, cre que o tema podería ser unha Lucrecia sen o coitelo.[9]
Cristo coa Cruz c.1500 Óleo sobre táboa Colección privada San Francisco Atribuído previamente por Sotheby's a Gian Francesco de Maineri.[10][11] Atribuído a Leonardo polo seu actual propietario.[10] Recoñecemento baseado na similitud dos verdugos de Cristo nos debuxos realizados por Rubens da Batalla de Anghiari. Segundo a revista Forbes, o experto en pintura de Leonardo, Carlo Pedretti dixo que: «sabía de tres cadros similares e que os catro cadros, na súa opinión, son probablemente do traballo dos axudantes do taller de Leonardo e talvez ata o propio mestre».
Salvator Mundi 1506-1513 Óleo sobre nogal National Gallery de Londres Atribuído

Obras perdidas[editar | editar a fonte]

Imaxe Título Ano Técnica Dimensións Localización Notas
A batalla de Anghiari 1505 Fresco 7 x 17 metros Museo do Louvre, París Copia de Peter Paul Rubens: xeso negro, pluma e tinta, pintado encima con acuarela. Medidas: 54,2 x 63,7 cm
Leda e o cisne 1510 - 1515 Témpera sobre táboa 112 x 86 cm Galería Borghese, Roma Copia anónima conservada na Galería Borghese de Roma. Existen nove copias, entre elas a de Cesar Cesto (69,5 x73,7 cm) no Reino Unido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 della Chiesa, Angela Ottino (1967). Penguin, ed. The Complete Paintings of Leonardo da Vinci. ISBN 0-1400-8649-8. 
  2. Giorgio Vasari. Lives of the Artists, 1568; Penguin Classics, traducido por George Bull, 1965. ISBN 0-14-044164-6
  3. Arasse, Daniel (1997). Leonardo da Vinci. Konecky & Konecky. ISBN 1 56852 1987. 
  4. D. A. Brown, Madonna Litta, XXIX Lettura Vinciana, Florencia 1990
  5. Luca Beltrami, Leonardo da Vinci e la Sala «delle asse» nel Castello di Milano Milán (1902) p. 24
  6. "Arrests after da Vinci work found". BBC News. 4 de outubro de 2007. Consultado o 22-02-2008. 
  7. Arie, Sophie (16 de febreiro de 2005). The Guardian, ed. "Fingerprint puts Leonardo in the frame". Consultado o 27-09-2007. 
  8. Universal Leonardo (ed.). "A lost Leonardo? Top art historian says maybe". Consultado o 27-09-2007. 
  9. Bertelli, Carlo (19 de novembro de 2005). Il Corriere della Sera, ed. "Due allievi non fanno un Leonardo" (en Italian). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 27-09-2007. 
  10. 10,0 10,1 Stephane Fitch DaVinci's Fingerprints, 12.22.03 dataacceso 7 July 2009. Martin Kemp, o experto en pegadas dixitais de Leonardo, non examinara a pintura cando se redactou o artigo.
  11. Unha imaxe similar sen os verdugos, atópase no Museo Hermitage, San Petersburgo. [1] Arquivado 18 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)