Batalla de Alesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Alesia
AlesiaFortifications.JPG
Unha sección reconstruída das fortificacións de Alesia
Data: setembro do 53 a. C.
Lugar: Alise-Sainte-Reine, Francia
Conflito: Guerra das Galias
Desenlace: vitoria decisiva romana
Combatentes
República de Roma Tribus galas

A batalla de Alesia foi unha revolta bélica que tivo lugar no ano 53 a. C., cando os galos intentaron desfacer as conquistas de Xulio César e o sometemento das tribos galas por parte das súas lexións.

Historia[editar | editar a fonte]

O carismático líder galo Vercinxetórix reuniu un exército que desafiou a Roma cunha campaña de guerra de guerrillas. A persecución de César finalizou no verán do 52 a. C., cando encontraron ao exercito galo acampado preto da aldea de Alesia. César ordenou aos seus lexionarios construír unha liña de fortificacións para illar o pobo como o campamento, composto por 23 fortíns unidos entre si por un foxo e un terraplén coroado por unha empalizada, con torres a intervalos de 25 m. Antes de que esta impoñente muralla estivese finalizada, a cabalería de Vercinxetórix conseguiu atravesar o cerco, aínda que sufriu moitas baixas. César intuíu que a cabalería foi enviada para organizar unha forza de rescate, polo que construíu outro anel de fortificacións mirando ao exterior. Cando na cercada Alesia a comida comezou a se esgotar, os galos enviaron as súas mulleres, nenos e anciáns fóra da aldea, pero Cesar non lles permitiu cruzar as súas liñas, condenándolles a morrer de fame na terra de ninguén que separaba ambos os dous exércitos. Como Cesar intuíu, durante o terceiro mes de asedio chegou un grande exército celta para romper o asedio. Os guerreiros galos asaltaron as liñas romanas tres veces, sempre apoiados por ataques dende o interior. O último ataque rozou o éxito cando os homes de Vercinxetórix eliminaron aos defensores dunha sección de muralla cunha chuvia de frechas, xavelinas e proxectís de fonda. Con todo, Cesar reaccionou rapidamente enviando reforzos ao sector ameazado antes de liderar un continxente de infantería e cabalería para acabar cos galos. O exército de rescate fuxiu en desbanda. Perdida toda a esperanza, Vercinxetórix cabalgou ata o campamento romano e rendeuse, tirando a súa espada aos pes do César. Cada soldado romano recibiu un galo para vender como escravo.