Fasces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fasces lictoriae.svg

Na antiga Roma, as fasces eran feixes de varas que formaban un cilindro e representaban a autoridade dos altos maxistrados. Medían 1,5 m de longo e atábanse con correas vermellas. Portábanas os líctores, funcionarios que acompañaban aos maxistrados superiores (cum imperio), ao Pontifex Maximus e ás Vestais. Fóra do recinto da cidade engadíaselles un machado indicando o dereito de vida e morte que os cónsuis adquirían así.