Lexionario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lexionario do século I.

O lexionario é o soldado da Roma antiga que era a tropa básica do exército romano que constituía a lexión. Posteriormente denomínase lexionario a un membro de diferentes corpos militares da historia, por exemplo, a Lexión estranxeira francesa, a Lexión Española e a Lexión polaca.

Ía equipado cunha capa de la, unha lanza (pilum) ou bracae, unha túnica de la ou liño, unha daga, unha cota de malla (lorica hamata), unha espada curta (gladius), e até a época de Tiberio, un puñal (pugio). Ademais portaban un casco (galae), placas (lorica segmentata) ou escamas (lorica squamata) e un escudo rectangular (scutum) que leva unha protección metálica ou bloca para a posición da man. Completaban o seu equipamento (impedimenta) un par de sandalias (caligae) e una mochila (sarcina).

Ían a 6'5 km/h e a marcha forzada, a 8 km/h. 80 lexionarios formaban unha centuria, ao mando dun centurión, e como segundo ao mando un optio. 10 centurias formaban unha cohorte (800 homes), ao mando dun tribunus militatum ou oficial de rango inferior; e 10 cohortes unha lexión ao mando dun oficial de rango superior chamado legatus. Cada lexión posuía unha aguia de prata ou aquilifir. Se caía, disolvíase o exército.

Un dos seus principais atributos era o de formar parte dun corpo sumamente disciplinado e en constante adestramento (exercitum), tanto para poder efectuar manobras militares en forma precisa e exacta, como a famosa tartaruga ou testudo, como para traballar en obras de enxeñaría militar (construción de campamentos, murallas e fortalezas) e obras públicas (camiños, pontes e acuedutos).

Os recrutas novatos, xeralmente un cidadán romano maior de 15 anos, facían un xuramento de lealdade ao seu comandante primeiro, e logo ao emperador. Todos os días, os recrutas facían sesións de instrución militar: nadar, correr, lanzamento de xavelina e esgrima. Tres veces ao mes, facíanse marchas de 30 km a velocidade marcada. Ademais, o adestramento tamén incluía saber levantar campamentos e pontes. Tamén se ensinaban as profesións de topógrafo, carpinteiro, enxeñeiro ou pedreiros para así supervisar a construción de calzadas, canles e edificios. Estes últimos lexionarios eran os immunes, que aínda que eran tratados como os outros e podían ser colocados en batallas, podían ser excluídos dalgunhas tarefas máis duras, como as marchas antes citadas, e eran mellor pagados que os seus compañeiros lexionarios comúns.

Se un soldado non se comportaba de forma adecuada, recibía lategazos. Se unha lexión desobedecía, reducíanse as racións. Se existía sospeita de sublevación, matábase a un de cada 10 homes. Chamábase decimatum a esta política e dela deriva decimar.

Nos terreos complicados, os soldados non podían empregar carros nin animais de carga, polo que cargaban co seu equipo (do que tiña que aprovisionarse por si mesmos): alimentos, ferramentas de construción, dúas estacas de madeira para o valado do campamento e olas. Por iso alcumaban aos soldados "mulas de Mario".

Durante o goberno do ditador César, os lexionarios gañaban 225 denarios anuais, e Domiciano subiunos a 300. Non houbo ningunha mudanza ata a época de Septimio Severo, que aumentou o salario a 500 denarios ao ano. Máis tarde, no tempo de Caracala, recibían 5000 denarios. Os soldados pagaban a súa comida, que era 1/3 do seu salario. As comidas eran sinxelas: queixo, fabas, pan ou papas de trigo ou cebada. Bebían auga ou "posca", un viño agre e barato.

A duracións do servizo militar dun lexionarios era na República temperá a da duracións da campaña militar. No século -II estabeleceuse que o servizo máximo debía ser de 16 campañas. Ata o ano 5 d.C., os soldados permanentes prestaban 20 anos de servizo, e logo, despois das reformas de Mario, 25. Logo foron rebaixados a 20 por César Augusto. O goberno temía aos soldados retirados por ser perigosos, por iso os mantiña en paz. Os últimos cinco anos dun lexionario veterano eran empregados en traballos máis leves.Aos retirados pagábanlle cunhas leiras, e partir de Augusto, algúns cartos abonados polo Aerarium Militaris.