Brolin
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Brolin (ブロリー Burorī?) é un personaxe de ficción exclusivo dos filmes da serie de anime Dragon Ball Z. É un dos Guerreiros do espazo de raza pura, e é considerado o Súper Guerreiro lendario que xurdía cada 1000 xeracións. Aparece nos filmes Estala o duelo, O regreso de Broly e O combate definitivo. O seu poder ó nacer, era de 10.000 unidades, superior ó da maioría dos saiyans adultos mesmo de clase alta. Brolin, segundo declaracións de Toei Animation, tiña un poder ilimitado, liberando tanto poder como el vise necesario. A cantidade de poder que liberou durante o combate no novo Planeta Vexeta e na Terra, é comparábel ó nivel dun Súper Guerreiro, e puido liberar un poder aproximado de entre 48.000.000 e 100.000.000 de unidades de enerxía.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
|
|||||||||||||||||||||||