Bloody Mary (cóctel)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bloody Mary condimentado con vexetais.

Bloody Mary é un cóctel composto de vodka, zume de tomate, e de salsas, como a Worcestershire ou a salsa de Tabasco. Ademais, sal, pementa negra, pementa de Caiena e zume de limón. O camareiro Fernand Petiot do Harry's New York Bar en París inventou a bebida en 1920. A primeira referencia ao Bloody Mary recollida no Dicionario Oxford procede da revista inglesa Punch, en agosto de 1956: "...os que comen filetes crus e beben Bloody Marys..."

Historia[editar | editar a fonte]

Bloody Mary ten ecos afastados no personaxe de María I de Inglaterra, filla de Henrique VIII, a raíña Tudor que foi alcumada María a Sanguinaría porque no seu intento de restaurar o catolicismo en Inglaterra levou á fogueira a máis de 300 membros do alto clero protestante, nos seus cinco anos de reinado. Con todo, é a cor vermella da bebida o que obviamente lle deu o seu nome: blood é sangue, en inglés.

Preparación[editar | editar a fonte]

A orde de mestura dos ingredientes é crucial á hora de preparar o cóctel. Algúns camareiros manteñen as súas receitas en segredo. Servido en vaso alto, cuns cubiños de xeo, e adornado por unha poliña de apio, o Bloody Mary, e a súa versión sen alcol Virgin Mary, tómanse frecuentemente durante a mañá.

Ingredientes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]