Beyoncé Knowles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Beyoncé")
Beyoncé en 2007

Beyoncé Giselle Knowles, nada o 4 de setembro de 1981 en Houston, máis coñecida simplemente como Beyoncé é unha cantante estadounidense de pop, R&B e soul.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla da deseñadora de moda Tina Knowles e do produtor musical Matthew Knowles, estudou en varias escolas de arte, cantando e bailando en competicións desde nena. Beyoncé fíxose famosa a finais da década de 1990 como a cantante principal do grupo feminino Destiny's Child, vendendo 50 millóns de discos internacional co grupo e 25 millóns en solitario.

En xuño de 2003 durante unha paréntese co grupo Destiny's Child, Beyoncé lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Dangerously in Love, convertido nun dos máis exitosos dese ano tanto de pública como de crítica, con tres cancións Crazy in Love, Naughty Girl e Baby Boy subindo ó máis alato das listas e dándolle cinco Premios Grammy en 2004. A desaparición de Destiny's Child en 2005 permitiulle continuar a súa carreira en solitario, o seu seguinte álbum B'Day (2006) debutou no número un do Billboard, con cancións de tanto éxito como Deja Vu, Irreplaceable e Beautiful Liar. O seu terceiro álbum, I Am… Sasha Fierce editouse en novembro de 2008 e incluía éxitos como If I Were a Boy, Single Ladies (Put a Ring on It) e Halo.

O éxito dos seus álbums estableceuna como unha das artistas máis comerciais da industria musical, tamén comezou unha carreira como actriz en 2001 ó aparecer no musical Carmen: A Hip Hopera e 2006 a adaptación de Broadway Dreamgirls, e en 2009 o seu primeiro gran papel en Obsessed. No ano 2004 sacou ó mercado, a súa propia liña de moda. Casou o 4 de abril de 2008 co rapeiro Jay-Z.

Tamén foi premiada con un premio Grammy nas edicións dos anos 2006, 2007 e 2009, e con cinco no ano 2010.