Bernardino Lombao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBernardino Lombao
Biografía
Nacemento(es) Bernardino Lombao Sotuela Editar o valor em Wikidata
6 de agosto de 1938 Editar o valor em Wikidata
Ribas de Sil, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 2020 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Boadilla del Monte, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta , empresario , adestrador , presentador de televisión Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTelevisión Española Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporte400 metros com barreiras (pt) Traducir
décatlon
balonmán Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
1967-1969 Atlético de Madrid Editar o valor em Wikidata

Bernardino Lombao Sotuela, nado en Ribas de Sil o 6 de agosto de 1938 e finado en Boadilla del Monte o 23 de abril de 2020,[1] foi un atleta, xogador de balonmán, adestrador deportivo, empresario e presentador de televisión galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que nado en Ribas de Sil, de neno marchou co seu pai, que traballaba na Renfe, e co resto da súa familia a Irún. Como atleta, Lombao destacou en dous deportes: o atletismo e o balonmán. Como atleta, foi internacional por España nas probas de 400 metros valados e décatlon en diversas ocasións entre 1958 e 1967. Posteriormente fichou polo Atlético de Madrid de balonmán, co que gañou os campionatos de liga española en 1967, 1968 e 1969.

Logo da súa retirada, dedicouse, ademais de ao atletismo para veteranos, ao adestramento deportivo e á comunicación, creando e presentando programas deportivos para televisión. Como adestrador encargouse entre outros da selección española de baloncesto en categoría júnior, tanto a feminina como a masculina, e foi tamén o preparador físico de Jose María Aznar durante a súa etapa como presidente do goberno entre 1996 e 2004.[2]

Despois de crear e presentar programas de televisión baseados en temas olímpicos, como De Olimpia a Los Ángeles ou Objetivo 92, en 1995 creou ademais a súa propia empresa para organizar eventos deportivos e producir diversos programas de televisión como Escuela del deporte, El sueño olímpico, Esport divertit ou Deporte divertido.[3][4].

Obra[editar | editar a fonte]

Como escritor de temas deportivos ten, entre outras, as seguintes obras:

  • Entrenar el cuerpo, mejorar la vida. Los secretos de un gran preparador físico. 2002
  • La ciencia de la revitalización: ¡mejora tu calidad de vida ya!. 2008

Notas[editar | editar a fonte]