Club Deportivo El Nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CD El Nacional
Nome Club Deportivo El Nacional
Alcume(s) Los puros criollos, El 13 Veces Glorioso, Equipo Militar, El Nacho, La Máquina Gris
Fundación 1 de xuño de 1964
Estadio Estadio Olímpico Atahualpa
Quito, Ecuador
Inauguración 25 de novembro de 1951
Capacidade 40.948
Propietario Consistorio de Quito
Presidente Flag of Ecuador.svg Hugo Villacís
Adestrador Flag of Uruguay.svg Mario Saralegui
Liga Serie A de Ecuador
2011
Vestimenta Lotto
Patrocinador ANDEC
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Club Deportivo El Nacional é unha entidade deportiva ecuatoriana da cidade de Quito, fundada o 1 de xuño de 1964, mais coñecida pola súa sección de fútbol, unha das mais importante do país con 13 títulos da Liga ecuatoriana. Trátase dun club vinculado ás Forzas Armadas, que patrocinan ó club, cuxos socios son maioritariamente membros activos ou retirados de dita institución. O club caracterízase por ter só xogadores de nacionalidade ecuatoriana.

Outras seccións deportivas do club adícanse ó baloncesto, á ximnasia e ó tenis de mesa.

A maior rivalidade deportiva do CD El Nacional é a que mantén co LDU Quito, xa que ámbolos dous equipos son os máis laureados e seguidos da capital do país, ainda que tamén mantén moita rivalidade co Barcelona SC, co CS Emelec e co Deportivo Quito.

O equipo de fútbol disputa os seus encontros como local no Estadio Olímpico Atahualpa, recinto que comparte co Deportivo Quito e coa selección de Ecuador, e que foi construído polo consistorio de Quito. Foi inaugurado o 25 de novembro de 1951, e actualmente conta con capacidade para acoller a 40.000 seareiros. Ademais de ter o terreo de xogo para os encontros de fútbol, conta cunha pista de atletismo sintética.

Nas 23 participacións do club na Copa Libertadores, o seu mellor resultado foi a semifinal no ano 1985. En 1970 foi finalista da Recopa Sudamericana. Esa final foi a primeira dun equipo ecuatoriano nunha competición continental da Conmebol.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Continental[editar | editar a fonte]

Nacional[editar | editar a fonte]

  • Serie A de Ecuador (13) = 1967, 1973, 1976, 1977, 1978, 1982, 1983, 1984, 1986, 1992, 1996, Clausura 2005, 2006
    • Subcampionatos (7) = 1964, 1972, 1974, 1994, 1999, 2000, 2001

Xogadores[editar | editar a fonte]

Estadio Olímpico Atahualpa.
Posto País Xogador
1 POR Flag of Ecuador.svg Bonard García
2 DEF Flag of Ecuador.svg Juan Triviño
3 DEF Flag of Ecuador.svg Frickson Erazo
4 DEF Flag of Ecuador.svg Christian Minda
5 MED Flag of Ecuador.svg Jefferson Villacís
6 DEF Flag of Ecuador.svg Javier Chila
7 MED Flag of Ecuador.svg Tyrone Macías
8 MED Flag of Ecuador.svg Flavio Caicedo
10 DIA Flag of Ecuador.svg Christian Lara
11 MED Flag of Ecuador.svg Fabricio Guevara
12 POR Flag of Ecuador.svg Mario Ortiz
13 DIA Flag of Ecuador.svg Édison Preciado
14 MED Flag of Ecuador.svg Marwin Pita
15 MED Flag of Ecuador.svg Franklin Guerra
16 DEF Flag of Ecuador.svg Johan Gómez
Posto País Xogador
17 DEF Flag of Ecuador.svg Ricardo López
20 DEF Flag of Ecuador.svg José Madrid
21 MED Flag of Ecuador.svg Hugo Vélez
22 POR Flag of Ecuador.svg Danny Cabezas
23 DEF Flag of Ecuador.svg Juan Carlos Anangonó
24 DIA Flag of Ecuador.svg Juan Luis Anangonó
30 DIA Flag of Ecuador.svg Ivan Kaviedes
32 POR Flag of Ecuador.svg Rodrigo Perea
50 DIA Flag of Ecuador.svg Erick Chauca
51 MED Flag of Ecuador.svg Roddy Zambrano
52 MED Flag of Ecuador.svg Edder Fuertes
53 MED Flag of Ecuador.svg Steven Soto
54 DIA Flag of Ecuador.svg Nilo Valencia
57 MED Flag of Ecuador.svg Paúl Minda
88 DIA Flag of Ecuador.svg Guisseppe Bautista

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]