Baixa Cerdanya
A Baixa Cerdanya é unha comarca da provincia de Xirona, en Cataluña. Está situada nos Pireneos e a súa capital é Puigcerdà. En 2009 tiña 18.656 habitantes.
A comarca limita co Principado de Andorra polo norte, coa Alta Cerdanya (Francia) polo norleste, co Ripollès e o Berguedà polo sur e co Alt Urgell polo oeste.
É un dos fragmentos nos que quedou dividido o territorio histórico da Cerdanya como consecuencia do Tratado dos Pireneos (1659). Oficialmente chámase simplemente Cerdanya, pero utilízase o nome de Baixa Cerdanya en contraposición á Alta Cerdanya.
[editar] Concellos
Actualmente a comarca está formada por 17 concellos.
| Concello | Poboación (hab.) |
|---|---|
| Alp | 1.576 |
| Bellver de Cerdanya | 2.014 |
| Bolvir | 329 |
| Das | 193 |
| Fontanals de Cerdanya | 446 |
| Ger | 444 |
| Guils de Cerdanya | 452 |
| Isòvol | 278 |
| Lles de Cerdanya | 220 |
| Llívia | 1.388 |
| Meranges | 87 |
| Montellà i Martinet | 597 |
| Prats i Sansor | 213 |
| Prullans | 246 |
| Puigcerdà | 8.949 |
| Riu de Cerdanya | 112 |
| Urús | 200 |
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||