Alta Ribagorça

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da comarca en Cataluña

A Alta Ribagorça (en galego: Alta Ribagorza) é unha comarca da provincia de Lleida, en Cataluña. Está situada nos Pireneos e a súa capital é El Pont de Suert. En 2009 tiña 4.375 habitantes.

A comarca limita co Val de Arán polo norte, Pallars Sobirà polo leste, Pallars Jussà polo sur, e a comarca aragonesa de Ribagorza polo oeste. A comarca foi creada por lei en 1987, e, ata entón e dende a división de 1936 formara parte do Pallars Jussà.

[editar] Concellos

Actualmente a comarca está formada por tan só 3 concellos. Entre 1965 e 1972 desapareceron 8 concellos, anexionándose a outros da comarca ou do Pallars Jussà. No século XIX a comarca chegou a ter 56 concellos.

Concello Poboación
(hab.)
El Pont de Suert 2.553
Vall de Boí 1.080
Vilaller 699


[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas