Alt Camp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alt Camp
Localització de l'Alt Camp.svg
Capital Valls
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Diputació copy.jpg Tarragona
Concellos 23
Poboación (2010) 45.001 hab.
Área 538,01 km²
Densidade 83,64 hab/km²
Serra de Miramar

O Alt Camp (en galego: Alto Campo) é unha comarca da provincia de Tarragona, en Cataluña. A súa capital é Valls, que está no centro da comarca. En 2009 tiña 45.001 habitantes.

A comarca limita ao norte coa Conca de Barberà, ao norleste con Anoia, ao leste co Alt Penedès e o Baix Penedès, ao sur co Tarragonès e ao oeste co Baix Camp. É unha das tres comarcas nas que quedou dividido o Camp de Tarragona na división comarcal de 1936 proposta por Pau Vila.

O Alt Camp é eminentemente agrícola e a industria está moi concentrada na contorna de Valls, reforzada pola proximidade do complexo petroquímico do Tarragonès.

Concellos[editar | editar a fonte]

Actualmente a comarca está formada por 23 concellos.

Concello Poboación
(hab.)
Aiguamúrcia 864
Alcover 4.731
Alió 368
Bràfim 674
Cabra del Camp 1.011
Figuerola del Camp 330
Els Garidells 198
La Masó 287
El Milà 177
Montferri 323
Mont-ral 182
Nulles 414
El Pla de Santa Maria 2.045
El Pont d'Armentera 604
Puigpelat 891
Querol 533
La Riba 710
Rodonyà 504
El Rourell 362
Vallmoll 1.529
Valls 23.948
Vilabella 789
Vila-rodona 1.112


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alt Camp