BM Ciudad Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BM Ciudad Real
Nome do club Club Balonmano Ciudad Real
Fundado 1981
Pavillón Quixote Arena,
Ciudad Real
Capacidade 5.863
Presidente España Domingo Díaz de Mera
Entrenador España Talant Dujshebaev
Liga Liga ASOBAL
2007-08 Campión
Equipacións


Local


Visitante

O Club Balonmano Ciudad Real é un equipo de balonmán da cidade de Cidade Real, Castela-A Mancha (España) que actualmente compite na Liga ASOBAL. É un dos mellores equipos de Europa e do mundo. Foi fundado en 1981.

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

As orixes do club remóntanse á tempada 1980-81 cando a base e a canteira do Colegio Ntra. Sra. del Prado (Marianistas) procuraba axudas para as súas actividades deportivas arredor do balonmán, converténdose no principal foco de desenvolvemento co balonmán en Cidade Real. Nesa época, a empresa Espumosos Vigón colaborou con material deportivo ao colexio, que participaba baixo o nome de CB Prado. Nas tempadas 1981-82 e 1982-83 mantívose a colaboración de xeito similar, obtendo os títulos de campións provinciais xuvenís. Deste xeito iniciouse a relación que levou á creación do club e a participar na categoría sénior.

O 2 de xullo de 1983 fundouse a Agrupación Deportiva Cultural Caserio Vigón logo de aprobar a súa inscrición no rexistro, que albergaba varias seccións deportivas. É xa que logo, a tempada 1983-84 a oficial na que se inicia a historia do club, que na categoría sénior conseguiu o campionato provincial e o ascenso a Terceira División.

Ascenso e consolidación na División de Honra (1983-1998)[editar | editar a fonte]

Logo de tres intentos consecutivos de ascenso falidos nos anos 1989, 1990 e 1991, na tempada 1991-92 chegaba o ansiado ascenso á División de Honra na fase de ascenso celebrada ese ano na cidade manchega. Este foi un momento de ouro na historia do club, o punto de partida dos éxitos posteriores. Miguel Cobo Serrano presidiu o club dende a súa fundación ata a tempada do ascenso.

O período entre 1993 e 1998 foi unha etapa de altos e baixos ata que o club conseguiu a súa consolidación entre os mellores. O trauma do descenso na primeira tempada do club na ASOBAL (1992-93) superouse coa recuperación do dereito deportivo a participar, ante as dificultades que non puideron superar outros clubs. A necesidade de novos trocos para adaptarse ás exixencias da elite motivou un novo deseño na estrutura do club que, como primeiro paso, supuxo o troco do seu nome á nova denominación A.D.C. BM. Ciudad Real o 14 de xuño de 1993 baixo a presidencia de Felipe Caballero. Reiniciouse así, coa nova denominación, e o patrocinio de Seguros Solís, o retorno á Liga ASOBAL, categoría na que participa dende aquela.

Na tempada 1994-95 o equipo clasificouse por primeira vez para disputar a Copa do Rei, na tempada seguinte (1995-96) clasificouse para xogar a Copa ASOBAL e na tempada 1998-99 chegou a súa primeira clasificación para xogar nunha competición europea, a City Cup logo de finalizar a liga na cuarta posición e culminaba o proceso de City-Cup foi la antesala do gran cambio que se anunciaba para o club.

A época dourada[editar | editar a fonte]

Coa chegada á presidencia de Domingo Díaz de Mera acelérase e afianzase o proxecto, abrindo a vía cara os éxitos deportivos. Unha reorganización interna do club na dobre orientación organizativa e deportiva acelérase con novas incorporacións que fortalecen ámbalas dúas facetas e incorporáronse expertos en xestión deportiva, ademais de que os patrocinadores permitiron intensificar os esforzos para que o club puidera fichar a xogadores de primeiro nivel.

A modernización do club levou ao equipo ao plano internacional, presentándose con solvencia ás competicións europeas. Construíuse un equipo con perspectiva de futuro ao tempo que se axusta á exixencia do grupo feito para gañar en tódalas competicións.

É na tempada 2001-02 cando o equipo consigue o seu primeiro título, a Recopa de Europa, que abriu o camiño a tódolos títulos posibles, tanto a nivel estatal como internacional, así como abría a porta a participación noutras competicións.

Na tempada 2003-04 inaugurouse o Quixote Arena, o que evidencia o crecemento e a consolidación do club. Ese mesmo ano o equipo conquista a súa primeira Liga e o dereito a competir na Liga de Campións, a máxima competición europea e que gañaría por primeira vez na tempada 2005-06.

A sucesión de éxitos deportivos nos inicios do S. XXI supúxolle a consideración de mellor club de Europa na clasificación de resultados deportivos pola revista Handball Woche, a máis prestixiosa do balonmán europeo, en varias tempadas.

Os xogadores e o adestrador, Talant Dujshebaev, durante un tempo morto nun partido.

Na tempada 2007-08 chegou a consagración definitiva do club manchego coa consecución dos cinco títulos (Liga, Copa do Rei, Copa ASOBAL, Supercopa de España e Copa de Europa). O equipo conseguiu nunha década tres Copas de Europa (dúas de xeito consecutivo), e tres ligas consecutivas, ademais das tres Supercopas de Europa.

2010, o ano da liga perfecta[editar | editar a fonte]

A tempada 2009-10 é coñecida polos seareiros como a da Liga perfecta., xa que o equipo de Cidade Real conseguiu pechar a tempada con 60 puntos en 30 xornadas sen ningunha derrota nin ningún empate para conseguir a súa quinta Liga (cuarta consecutiva) e gañando o seu segundo Campionato Mundial de Clubs en Qatar.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campión: 2003-04, 2006-07, 2007-08, 2008-09 e 2009-10
  • Subcampión: 2002-03, 2004-05 e 2005-06
  • Campión: 2002-03 y 2007-08
  • Subcampión: 2000-01, 2003-04, 2005-06 e 2008-09
  • Campión: 2004-05, 2007-08 e 2010-11
  • Subcampión: 2003-04, 2008-09 e 2009-10
  • Campión: 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08
  • Subcampión: 2009-10
  • Campión: 2005-06, 2007-08 e 2008-09
  • Subcampión: 2004-05 e 2010-11
  • Campión: 2001-02 e 2002-03
  • Campión: 2005-06, 2006-07 e 2008-09
  • Subcampión: 1998-99
  • Campión: 2006-07 e 2009-10
O Quixote Arena.

Plantilla 2010-2011[editar | editar a fonte]

  • Adestrador
 

Xogadores históricos[editar | editar a fonte]

Adestradores históricos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: BM Ciudad Real