Milán - Milano
Coordenadas: 45°28′0″N 9°10′0″E / 45.466667°N 9.166667°E
|
||||||
| Información | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| País | ||||||
| Rexión | ||||||
| Poboación | 1.324.110 h. (2010) | |||||
| Alcalde | Giuliano Pisapia (dende 2011) | |||||
| Páxina Oficial | ||||||
| Galería | ||||||
Milán (Milano en italiano, Milàn en lombardo) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión de Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1.324.110 habitantes (2010), Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.
Índice |
Historia [editar]
- Véxase tamén: Historia urbana de Milán.
Milán foi fundada polos celtas do norte italiano co nome Médelhan polo ano 600 a.C, sendo conquistada polos romanos aló polo 222 a.C, recibindo o nome Mediolanum. No século IV a cidade converteuse por pouco tempo na capital do Imperio Romano de Occidente, e foi saqueada polos hunos no ano 450.
Ocupada polos ostrogodos trala caída dos romanos, pasou despois polas mans dos bizantinos, longobardos e francos antes de converterse nun feudo gobernado por arzobispos a partir do século VIII.
Monumentos [editar]
- A Catedral de Milán (Duomo di Milano), de estilo gótico, mide 157 metros de lonxitude. Situada no centro exacto da cidade, comezou a ser construida en 1386 sobre os restos dunha antiga basílica do século V, e non foi rematada ate o século XIX.
- A Galería Víctor Manuel II (Galleria Vittorio Emanuele II).
- O Teatro da Scala (Teatro alla Scala).
- O Castelo Sforzesco (Castello Sforzesco).
- O Palacio Real de Milán (Palazzo Reale).
- A Basílica de San Ambrosio (Basílica de Sant'Ambrogio) e unha das igrexas mais antigas de Italia, construida entre os anos 379 e 386.
- O Palacio Mezzanotte (Palazzo Mezzanotte) é un edificio do século XX que acolle no seu interior a Bolsa Italiana.
- Santa María da Gracia (Santa Maria delle Grazie) é unha igrexa declarada Patrimonio da Humanidade en 1980, que acolle no seu interior o mural A Última Cea de Leonardo da Vinci.
Galería [editar]
Economía [editar]
Bolsa de Milán [editar]
Demografía [editar]
A comuna ten 1.324.110 habitantes (2010), pero a área urbana ten máis de 4 millóns, e a área metropolitana uns 7.400.000 (segundo a OECD).
É unha cidade con bastante inmigración, chegados principalmente de Filipinas, China, Albania, Francia, Brasil e Bangladesh.
Deportes [editar]
Fútbol [editar]
A cidade conta con dous dos equipos mais poderosos e laureados de Europa. Ámbolos dous compiten na Serie A 2011-2012 e na Liga de Campións da UEFA 2011-12, e disputan os seus encontros como locais no Estadio San Siro:
AC Milan (18 Scudettos e 7 Copas de Europa)
FC Internazionale (18 Scudettos e 3 Copas de Europa)
Outros deportes [editar]
- Baloncesto - Olimpia Milano.
- Ciclismo - Giro de Italia, Milán-San Remo.
- Rugby - Amatori Milano.
- Fórmula 1 - Circuíto de Monza.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]