Mulhouse
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mulhouse está no departamento do Alto Rin.
Mulhouse é unha cidade francesa do departamento do Alto Rin, na Alsacia, situada preto das fronteiras con Alemaña e Suíza. A súa poboación é de 111.156 habitantes (2009).
Considerada unha das primeiras cidades industrializadas de Francia, nela sobresaen as industrias química, eléctrica, mecánica e automobilística (grupo PSA).
Mulhouse é coñecida polos seus museos, entre eles o Cité de l'Automobile (Cidade do Automóbil), o Cité du train (Cidade do Tren) ou o Electropolis. A cidade tamén acolle a Universidade da Alta Alsacia.