Antón Paz Blanco
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antón Paz Blanco, nado en Vilagarcía de Arousa o 8 de agosto de 1976, é un regatista galego, campión mundial e olímpico da clase tornado.
Compite no Real Club Náutico de Sanxenxo, habitualmente facendo parella na clase tornado con Fernando Echavarri.
Principais títulos [editar]
| Medallas olímpicas | ||
| Ouro | Clase tornado | Beijing 2008 |
- Medalla Olímpica de Ouro na clase tornado nos Xogos Olímpicos de 2008
- Campión do mundo de tiger en 2005
- Campión do mundo de tornado en 2005 e 2007
- Elixido, canda Fernando Echavarri, mellor regatista do mundo en 2005 pola Federación Internacional de Vela
- Sétimo clasificado, e diploma olímpico, na proba de clase tornado dos Xogos Olímpicos de Atenas
- Campión de España na categoría tornado na tempada 2000-2001.
- Terceiro clasificado na Semana Olímpica de Hyeres. 2001.
- Cuarto clasificado na Spa Regatta (2001) e no Campionato de Europa de Cagliari de clase tornado (2003).