Zubin Mehta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zubin Mehta
ज़ूबिन मेहता
Zubin Mehta en 2007.
Nome completoZubin Mehta
Data nacemento29 de abril de 1936 (87 anos)
Nado enMumbai, Raj Británico
CónxuxeNancy Kovack
IrmánsZarin Mehta
OcupaciónDirector de orquestra
Tempo en activo1958 — actualidade
Na rede
www.zubinmehta.net
IMDB: nm0576590 Spotify: 3FEd0qHPFOgcpfw7bCXB4x Musicbrainz: b83bb7b8-1b89-4b12-9af6-fd7ac29e2fae Songkick: 312653 Discogs: 538821 Allmusic: mn0000746625 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Zubin Mehta (en indio ज़ूबिन मेहता), nado o 29 de abril de 1936 en Mumbai (actualmente na India e daquela pertencente ao Imperio Británico), é un director de orquestra indio. É director vitalicio da ha-Tizmoret ha-Filharmonit ha-Yisre'elit (Orquestra Filharmónica de Israel).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zubin Mehta naceu o 29 de abril de 1937 en Mumbai no seo dunha familia parsi, descendente dos zoroastros que saíran de Persia no século XVII fuxindo do islam.[2] Mehta era fillo de Tehmina Mehta e do violinista e director de orquestra indio Mehli Mehta, que en 1935 fundou a Bombay Symphony Orchestra e que fora director musical da American Youth Symphony nos Ánxeles, California (Estados Unidos).[3][4] A relación da súa familia coa música académica occidental fixo posible que Mehta, a pesar de que a música occidental fora unha rareza na India, medrara escoitándoa constantemente, ben nos ensaios da orquestra ou nos do grupo de cámara que tiña seu pai e que adoitaban ensaiar no salón da súa casa.[2] Foi precisamente de seu pai de quen recibiu as súas primeiras ensinanzas musicais, recibindo clases de piano e violín, ao mesmo tempo que estudaba nas ecolas xesuítas de St. Mary's School e St. Xavier's College.[1][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Biografías y Vidas (ed.). "Zubin Mehta" (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Matheopoulos, p. 250
  3. "Mehli Mehta". Baker's Biographical Dictionary of Musicians. New York City: Schirmer Books. 2001. Gale Document Number: GALEK2420007898. Consultado o 4 de outubro de 2014. 
  4. "Zubin Mehta.Biography" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  5. mid-day.com, ed. (13 de febreiro de 2014). "The incubator of excellence" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2014. 
  6. St. Xavier's College (ed.). "Xavier's Alumni/ae of Distinction" (PDF) (en inglés). p. 8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2019. Consultado o 4 de outubro de 2014.  Arquivado 08 de outubro de 2019 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.