Andrei Konchalovsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrei Konchalovsky

(2023) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Андрей Сергеевич Кончаловский Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ro) Andron Sergheievici Mihalkov Editar o valor em Wikidata
20 de agosto de 1937 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia
Estados Unidos de América
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Gerasimov de Cinematografía (–1964)
Academic Music College of the Moscow Conservatory (en) Traducir (–1957)
Conservatório de Moscovo (pt) Traducir (1957–1959)
Central Music School (en) Traducir (–1952) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor de televisión , produtor de teatro , xornalista de opinión , Intendente , memorialista , actor , director teatral , produtor de cinema , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorTop Courses for Scriptwriters and Film Directors (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá, lingua rusa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaMikhalkov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeJulija Alexandrowna Wyssozkaja (1998–)
valor descoñecido (1990–1997)
Viviane Godet (1969–1980)
Natália Arinbasarova (1965–1969)
valor descoñecido (1955–1957)
FillosJegor Andrejewitsch Kontschalowski (pt) Traducir
 () Natália Arinbasarova (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisSergey Mikhalkov Editar o valor em Wikidata  e Natalia Konchalovskaïa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsNikita Mikhalkov Editar o valor em Wikidata

Páxina webkonchalovsky.ru Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0464846 Allocine: 846 Allmovie: p97846 TCM: 104396 TV.com: people/andrei-konchalovsky
Facebook: a.konchalovsky Twitter: Konchalovsky Instagram: andrei_konchalovsky VK: konchalovsky Musicbrainz: 79476ad6-7449-4b7d-80ba-3afa16ff3307 Discogs: 4993397 WikiTree: Mikhalkov-3 Editar o valor em Wikidata

Andrei Sergeyevich Mikhalkov-Konchalovsky (en ruso: Андре́й Серге́евич Михалко́в-Кончало́вский), nado en Moscova o 20 de agosto de 1937 é un director, produtor e guionista de cinema ruso.[1] A principios da súa carreira foi colaborador de Andrei Tarkovskii. É fillo de Natalia Konchalovskaya e Sergey Mikhalkov e irmán do cineasta Nikita Mikhalkov.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Konchalovsky é parte da familia aristocrática Mikhalkov, recoñecida polas súas raíces artísticas e aristocráticas. Cambiou o seu nome por Andrei e tomou o apelidos do seu avó materno, Piotr Konchalovski, como pseudónimo. É irmán de Nikita Mikhalkov e fillo de Sergei Mikhalkov. Estudou durante dez anos no conservatorio de Moscova, preparándose para ser pianista. Non obstante, en 1960 coñeceu a Andrei Tarkovskii co que coescribiu o guión do seu filme Andrei Rublev (1966).

O seu debut como director, Pervyy uchitel, foi recibido favorablemente na Unión Soviética e participou en varios festivais internacionais de cinema. O seu segundo filme, Istoriya Asi Klyáchkinoy, kotóraya lyubila, da ne vyshla zámuzh foi censurado polas autoridades soviéticas. Cando se estreou, vinte anos despois, foi aclamado como a súa obra mestra. Posteriormente, Konchalovsky dirixiu adaptacións de Dvoryanskoye gnezdo de Ivan Turgenev e de Dyadya Vanya de Anton Chekhov. Ambos os filmes foron protagonizados por Innokenti Smoktunovski. O seu filme épico Sibiriada foi recibido positivamente no Festival Internacional de Cine de Cannes e fixo posible que se pudiese mudar aos Estados Unidos en 1980.

As súas producións de Hollywood máis populares foron Runaway Train, baseado nun guión orixinal de Akira Kurosawa e Tango e Cash, protagonizada por Sylvester Stallone e Kurt Russell. Durante a década de 1990, Konchalovsky regresou a Rusia, aínda que ocasionalmente produciu filmes históricos para a televisión estadounidense, entre os que se atopa a miniserie A Odisea e o telefilme The Lion in Winter.

O seu filme de 2003 Dom durakov, ambientado nun asilo psiquiátrico de Chechenia, valeulle un León de Prata no Festival Internacional de Cine de Venecia.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Andrei Konchalovsky Arquivado 23 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.. New York Times

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]