Alois Brunner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alois Brunner, nado o 8 de abril de 1912 en Nádkút, Hungría (actualmente pertence a Austria co nome de Rohrbrunn), foi un militar austríaco, membro das SS, é un criminal de guerra nazi que foi axudante de Adolf Eichmann.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi responsable do envío de 43.000 xudeus austríacos e 46.000 de Salónica ás cámaras de gas, foi comandante do campo de internamento de Drancy, nos arredores de París, de xuño de 1943 a agosto de 1944, deportou 25.000 xudeus franceses a Auschwitz,foi responsable do envío de 140.000 xudeus ás cámaras de gas. Condenado en ausencia en Francia en 2001 a candena perpetua por crimes contra a humanidade. Segundo o xornal británico The Guardian é o máis importante fuxitivo nazi vivo, xa que non hai constancia do seu falecemento. Refuxiado en Damasco foi conselleiro especial de seguridade do presidente Hafez el-Assad utilizando o nome de Georg Fischer.