Adolf Eichmann
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Profesión: | militar |
|---|---|
| País: | Alemaña |
| Nado en: | 19 de marzo de 1906 |
| Lugar: | Solingen, Alemaña |
| Faleceu en: | 31 de maio de 1962 |
| Lugar: | Xerusalén, Israel |
Adolf Eichmann, nado en Solingen o 19 de marzo de 1906 e finado en Ramla o 31 de maio de 1962, foi un oficial (tenente-coronel) da Alemaña nazi, membro da SS, responsábel directo da solución final
[editar] Traxectoria
Eichman ingresou no Partido Nazi austríaco o 1 de abril de 1932 co número de afiliado 899.895. O mesmo día ingresou na SS, co número de afiliado 45.325.
Era o encargado da deportación de xudeus da Hungría para campos de concentración.
Despois da Segunda Guerra Mundial, Eichmann fuxiu para a Arxentina, pero foi localizado naquel país polo Servizo Secreto Israelí. Capturado en 1961, foi enviado a Xerusalén onde foi xulgado por crimes de guerra e condenado a morte na forca. Foi executado o 31 de maio de 1962.