Almendralejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Nosa Señora da Purificación

Almendralejo é unha cidade de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade autónoma de Estremadura.

É a capital da comarca da Terra de Barros e coñecida internacionalmente como Cidade da Cordialidade e Cidade Internacional do Viño. Tamén é sede do consello regulador da denominación de orixe Ribeira do Guadiana, que inclúe un amplo territorio, sendo a única denominación de orixe de Estremadura, dentro do Viño. Tamén é coñecida como Cidade do Romanticismo por ser o lugar de nacemento de dous principais poetas deste movemento literario, José de Espronceda e Carolina Coronado.

Conta con 33.177 habitantes (INE a 1 de xaneiro de 2008) polo que constitúe o 4º núcleo de poboación da provincia de Badaxoz e o 6º de Estremadura.