Bodonal de la Sierra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bodonal de la Sierra é unha pequena localidade situada ao sur da provincia de Badaxoz asentada nun val nas estribacións da serra de Tentudia. Trátase dunha típica vila pequena (algo máis de 1000 habitantes), cunha superficie de 68 km², rodeada de oliveiras e aciñeiras. De feito áchase dentro do maior bosque arborado existente en España que se estende polas provincias de Badaxoz, Huelva e Sevilla.

Cunha denominación proveniente con case toda seguridade do árabe ('al' significa abundancia) nos seus arredores hai vestixios arqueolóxicos probablemente celtas (Castrejón) que se atopan por determinar arqueoloxicamente.

De Bodonal son famosas as súas festas como a Candelaria (2 de febreiro) en que o os aldeáns fan diversas candeas polas rúas da vila durante a noite e á luz e calor das cales comen e beben; San Isidro (15 de maio) excepcional romaría que se celebra nos arredores nunha devesa de aciñeiras onde se degustan pratos típicos, cántase e báilase, e Virxe de Flores (8 de setembro) onde os bonalejos e visitantes gozan de varios días de capeas na tarde e verbenas populares na noite.

Os produtos típicos da zona son o porco ibérico (está na terra do mesmo), o queixo de cabra que artesanalmente se seguen facendo nalgunhas casas, e viños de pitarra que se conseguen de pobos veciños.