Santa Mariña, Graba, Silleda
| Santa Mariña | |
|---|---|
| Imaxe do lugar de Santa Mariña | |
| Parroquia | Graba |
| Concello | Silleda |
| Poboación | 39 hab. (ano 2010) |
Santa Mariña é un lugar da parroquia de Graba, no concello pontevedrés de Silleda na comarca de Deza. Segundo o IGE do 2010 contaba con 39 habitantes (20 homes e 19 mulleres) o que supón a diminución no número de habitantes con respecto a 2009.
En 1916 nace preto desta aldea (Na parroquia de Graba) o empresario Cesáreo Sánchez, morto en 2010, foi o administrador da Hidroeléctrica de Silleda; empresa que conta con máis de 6.000 aboados en Silleda, Lalín e Forcarei. Foi na súa parroquia natal onde apostou pola enerxía hidroeléctrica. No lugar de Santa Mariña constrúese na década de 1940 a primeira central do concello. A súa inversión permitiu rematar o traballo que iniciara o seu irmán, poñendo en marcha a central que levaría electricidade a Silleda. Hoxe en día a planta está en desuso e en ruínas, mais atópase nunha paraxe de beleza singular aos pés dunha seimeira de difícil acceso.
Índice |
Patrimonio [editar]
Neste lugar atópase unha pequena capela dedicada a Santa Mariña, cuxa festividade se celebra o 18 de xullo. A Santa Mariña foi unha mártir galega do século II. Neste lugar foi onde se atopou, nos albores do século XX, unha ara na honra dos Lares Viales, protectores dos camiños, que fica a día de hoxe no Museo de Pontevedra.
Demografía [editar]
A poboación desta aldea grabense oscilou da seguinte maneira durante os anos 2000 e 2010:

Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Graba, Silleda.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Graba [editar]
| Lugares da parroquia de Graba no concello de Silleda (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Arcos | Barreiro | Eirexe | Ervixe | O Fontao | O Outeiro | Pedrouzo | Penalta | Santa Mariña | O Souto | Vilar |