Alberto García García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto García García
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Catoira, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Catoira Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alberto García García, nado en Catoira o 22 de setembro de 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Administrativo. É concelleiro en Catoira dende 1979, cando encabezou por primeira vez a candidatura do PSdeG-PSOE. No inicio da súa carreira política mantivo responsabilidades de goberno co alcalde independente de esquerdas Andrés Castaño Conde. Trala integración deste no grupo socialista en 1983, foi o número 2 da candidatura socialista, tanto nesa convocatoria como en 1987, logrando a maioría absoluta en ambas as ocasións.

Foi elixido alcalde en xullo 1989, logo da dimisión de Castaño. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura socialista e foi reelixido alcalde cunha ampla maioría absoluta de 9 concelleiros sobre 11. Volveu ser reelixido en 1995 e 1999 con maioría absoluta, 7 concelleiros, sendo ademais deputado provincial entre 1999 e 2003.

Nas municipais de 2003 perdeu a maioría absoluta, ao baixar a 5 concelleiros ante o pulo do BNG, sendo reelixido alcalde como cabeza da lista máis votada e gobernando con apoios puntuais dos demais grupos. Nas municipais de 2007 recuperou a maioría absoluta con 6 concelleiros. En 2011 e 2015 revalidaría novamente a alcaldía con maioría absoluta, subindo a 7 concelleiros no 2015.

Nas municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta ao baixar a 5 concelleiros, ante o ascenso experimentado polo PPdeG. Desta forma perdeu a alcaldía ao apoiaren os 3 concelleiros do PPdeG ó candidato do BNG, Xoán Castaño Conde, segunda forza máis votada, tamén con 3 concelleiros[1]. As malas relacións entre os candidatos nacionalista e popular levaron a que en marzo de 2020 se anunciase unha moción de censura que o devolvería á alcaldía co apoio dos populares. Porén, en maio de 2020 a moción desactivouse pola dimisión de Castaño, forzada por concelleiros do grupo socialista que buscaban evitar o acordo co PPdeG, o cal supuxo un cisma entre estes e García[2]. Desta forma, no mes de xuño de 2020 recuperou a alcaldía como cabeza da lista máis votada, conformando un goberno con tódolos edís socialistas agás un[3]. En abril de 2021 destituíu os dous concelleiros críticos que entraran no goberno, polo que gobernou o resto do mandato cun só un concelleiro a maiores del[4].

Nas municipais de 2023 perdeu a alcaldía ao lograr o BNG a maioría absoluta.


Predecesor:
Andrés Castaño Conde
 
Alcalde de Catoira
 
1989 - 2019
Sucesor:
Xoán Castaño Conde
Predecesor:
Xoán Castaño Conde
 
Alcalde de Catoira
 
2020 - 2023
Sucesor:
Xoán Castaño Conde

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (15 de xuño de 2019). [Redacción "Xoan Xosé Castaño Conde, del Bng, elegido alcalde de Catoira con el apoyo del PP"] |url= incorrecto (Axuda). farodevigo.es (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2023. 
  2. Redacción/Europa Press (21 de maio de 2020). "Dimite o alcalde de Catoira (BNG) e suspéndese o pleno da moción de censura presentada por PSOE e PP". nosdiario.gal. Consultado o 9 de marzo de 2023. 
  3. Alberto García regresa a la Alcaldía de Catoira
  4. García retira áreas de gobierno a los tres concejales críticos y el PSOE de Catoira pide que dimitan como ediles

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]