Primera División de Futsal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "División de Honra (LNFS)")

A División de Honor de fútbol sala ou Liga Marca de Fútbol Sala por motivos de patrocinio, é a máxima categoría de fútbol sala no estado español, organizada pola Liga Nacional de Fútbol Sala por riba da División de Prata. Disputase dende 1989.

Índice

[editar] Sistema de competición

O sistema de competición enfronta aos equipos de cada grupo ou división entre eles en dúas ocasións: unha como local e outra como visitante. Ao compoñerse de 16 equipos na actualidade, la Liga conta con 30 xornadas na súa fase regular. Séguese o sistema de puntuación FIFA, con 3 puntos por vitoria, 1 por empate e 0 por derrota. Na liga regular non hai prórrogas e o partido conclúe cando finaliza o tempo regulamentario.

Ao finalizar a tempada regular xóganse os playoffs polo título, que enfrontan aos oito mellores equipos da liga ao mellor de tres partidos en cuartos de final e semifinais, e ao mellor de cinco na final. En caso de empate ao finalizar o tempo regulamentario xógase unha prórroga. A localía establécese en base á clasificación na liga regular.

Pola súa banda, para clasificarse para a Copa de España de Fútbol Sala, que se disputa a metade do campionato, os equipos deberán ter rematado entre as oito primeiras posicións da liga ao final da primeira volta. A cidade organizadora clasifícase de xeito automático, independentemente de que estea entre os mellores clasificados.

Nas competicións internacionais, o equipo que gaña a liga clasifica para a Copa da UEFA de fútbol sala, partindo dende a fase de grupos final, coñecida como Ronda Élite.

[editar] Equipos da tempada 2011-12

Equipo Cidade Adestrador Pavillón Capacidade Marca Esponsor Tempada 2010-11
FC Barcelona Alusport Cataluña Barcelona Marc Carmona Palau Blaugrana
7.500
Nike Alucan Entec
1º (Campión)
ElPozo Murcia Murcia Murcia "Duda" Palacio de Deportes de Murcia
7.500
Luanvi ElPozo
2º (Cuartofinalista)
Inter Movistar Flag of the Community of Madrid.svg Alcalá de Henares David Marín Pabellón Cajamadrid
4.500
Joma Movistar
3º (Cuartofinalista)
Xacobeo Lobelle Santiago Galicia Santiago de Compostela Tomás de Dios López Multiusos Fontes do Sar
6.500
Macron Xacobeo 2010
4º (Semifinalista)
Fisiomedia Manacor Flag of the Balearic Islands.svg Manacor "Pato" Navarro Palma Arena
5.000
Umbro Fisiomedia
5º (Cuartofinalista)
Caja Segovia FS Castela e León Segovia Jesús Velasco Tejada Municipal Pedro Delgado
3.000
Uhlsport Caja Segovia
6º (Finalista)
Benicarló Aeroport Castelló Bandera de la Comunidad Valenciana (2x3).svg Benicarló "Juanlu" Alonso Municipal de Benicarló
2.000
Uhlsport Aeroport Castelló
7º (Semifinalista)
Triman Navarra Navarra Pamplona Imanol Arregui Pabellón Universitario de Navarra
3.000
Lotto Triman
8º (Cuartofinalista)
Sala 10 Zaragoza Aragón Zaragoza Santi Amor Pabellón Siglo XXI
2.800
Joma MLN, Ace Duraflo
Carnicer Torrejón Flag of the Community of Madrid.svg Torrejón de Ardoz José Antonio Valle Municipal Jorge Garbajosa
4.000
Luanvi Fiat Carnicer
10º
Azkar Lugo FS Galicia Lugo Bruno García Pavillón dos Deportes
2.200
Lotto Azkar
11º
OID Talavera Bandera Castilla-La Mancha.svg Talavera de la Reina Carlos Sánchez Primero de Mayo
3.000
Joma OID
12º
Reale Cartagena Murcia Cartagena Luis Fonseca Wsell de Guimbarda
2.500
Elements Reale Seguros
13º
Marfil Santa Coloma Cataluña Santa Coloma de Gramenet Andreu Plaza Municipal Jacint Verdaguer
2.400
Macron Marfil Alella
14º
Puertollano Fútbol Sala Bandera Castilla-La Mancha.svg Puertollano - Polideportivo Antonio Rivilla
2.000
- -
1º na División de Prata
Ríos Renovables Navarra Navarra Tudela Víctor Acosta Polideportivo Jose Antonio Elola
1.000
- -
2º na División de Prata


[editar] Palmarés

Tempada Campíón Finalista Liga regular
2010-11 FC Barcelona Alusport Caja Segovia FS FC Barcelona Alusport
2009-10 ElPozo Murcia Turística MRA Navarra ElPozo Murcia Turística
2008-09 ElPozo Murcia Turística Inter Movistar ElPozo Murcia Turística
2007-08 Interviú Fadesa ElPozo Murcia Turística ElPozo Murcia Turística
2006-07 ElPozo Murcia Turística Boomerang Interviú ElPozo Murcia Turística
2005-06 ElPozo Murcia Turística Polaris World Cartagena ElPozo Murcia Turística
2004-05 Boomerang Interviú ElPozo Murcia Turística ElPozo Murcia Turística
2003-04 Boomerang Interviú ElPozo Murcia Boomerang Interviú
2002-03 Boomerang Interviú ElPozo Murcia Boomerang Interviú
2001-02 Antena 3 Boomerang Miró Martorell ElPozo Murcia
2000-01 Playas de Castellón Valencia Vijusa Playas de Castellón
1999-00 Playas de Castellón CLM Talavera Playas de Castellón
1998-99 Caja Segovia FS Industrias García Playas de Castellón
1997-98 ElPozo Murcia CLM Talavera Caja Segovia FS
1996-97 Castilla-La Mancha Playas de Castellón Playas de Castellón
1995-96 Interviú Boomerang Toledart FS Papeles Beltrán Alcantarilla
1994-95 Pinturas Lepanto Zaragoza Interviú Boomerang Sistema de grupos
1993-94 Maspalomas Sol de Europa Caja Castilla la Mancha Sistema de grupos
1992-93 Marsanz Torrejón Caja Castilla la Mancha Sistema de grupos
1991-92 Caja Toledo ElPozo Murcia Sistema de grupos
1990-91 Interviú Lloyd's Marsanz Torrejón Sistema de grupos
1989-90 Interviú Lloyd's Keralite Macer Sistema de grupos

[editar] Medios de comunicación

A División de Honra de fútbol sala pode verse a través de distintas canles de televisión, con dous que emiten para todo o estado, e distinta cobertura segundo a comunidade autónoma onde se resida. Históricamente, a LNFS mantivo acordos con Televisión Española dende o seu nacemento, e durante un breve periodo de teempo Antena 3. Dende o 2010, Marca TV emite a División de Honra e as distintas competicións da LNFS a nivel estatal. Ademais, o campionato mantén un acordo de colaboración con Unidad Editorial, donos de Veo Televisión, para que o xornal Marca sexa o patrocinador oficial e os medios de comunicación do grupo outorguen á División de Honra unha cobertura destacada.

Ó marxe, as televisións autonómicas tamén poden emitir encontros da liga. No grupo das que pertencen á FORTA encóntranse Televisió de Catalunya (a través de El 33), Televisión de Galicia (a través de G2), 7 Región de Murcia e Aragón Televisión. Ademais, existen televisións locais que emiten os encontros dos equipos da súa zona como TV Mallorca ou Telecartagena. Por outra banda, a propia liga xestiona unha canle no portal de videos YouTube, con resumos dos encontros e os goles máis destacados de cada xornada.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas