Wok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A cociñar nun wok ao estilo stir frying.

O wok [en chinés tradicional, 鑊; chinés simplificado: 镬; hanyu pinyin: guò (en mandarín), wok (en cantonés)] é unha especie de tixola empregada no Extremo Oriente e no Sueste asiático.

O carácter chinés 鑊 é idéntico a 鍋 de acordo coas pescudas lingüísticas realizadas. Trátase dunha especie de tixola redonda e é característica por ser cóncava no fondo, o tamaño medio soe ser de 30 cm ou máis de diámetro. Soe estar feita de aceiro, ferro fundido e incluso se atopan exemplares de aluminio.

Usos[editar | editar a fonte]

Esta tixola emprégase para saltear (stir frying) os alimentos mediante un movemento constante denominado na gastronomía chinesa (cantonesa) coma "wok hei" (trátase dunha habilidade para tirar o qi do wok, deste xeito os alimentos manteñen o seu sabor e o seu recendo intactos). Ademais de saltear alimentos, o wok pode ser usado tamén para frixir ou cociñar ao vapor colocando enriba unha cesta vaporizadora de bambú (ou mushiki).

Emprego[editar | editar a fonte]

  • Cómpre usas o wok moi quente e cunha lapa alta.
  • Cómpre pequecerlo durante un minuto.
  • Para saltear utilízase un mínimo de aceite.
  • Unha vez que se engaden os ingredientes cómpre remexer constantemente (stir frying).
  • Unha vez usado o wok só se lava con auga quente e unha brocha de bambú.
  • Para gardalo débese secar e protexer cunha camada de aceite para evitar a ferruxe.
  • A vez primeira que se usa un wok novo cómpre "curalo", para crear unha tona protectora. A cura faise poñendo o wok con aceite no lume para se queimar e cole á súa superficie.

Vantaxes[editar | editar a fonte]

A principal vantaxe do wok, alén dos materiais que se empreguen na súa elaboración, é a parte cóncava existente no seu interior. Esta forma fornece unha pequena rexión de calor intensa no fondo da tixola cunha cantidade relativamente pequena de combustíbel. A forma permite ademais remexer os alimentos en diferentes partes da tixola sen que exista perigoo de envorcadura. As paredes curvadas proporcionan a posibilidade de que ningún alimento quede pegado na súa superficie, e se o fai a temperatura é bastante inferior á do fondo e polo tanto non se ha queimar (dando lugar a un cambio de sabores).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Wok

Outros artigos[editar | editar a fonte]