Aaron Geramipoor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aaron Geramipoor
Información persoal
Nacemento 11 de setembro de 1992 (31 anos)
Manchester, Reino Unido
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Posición Pivote
Liga LEB
Información da carreira
Universidade Seton Hall (2010–2014)
Internacional Categorías inferiores
Carreira desde 2014
Historial de equipos
CB Robari (2014–2015) LEB Prata
Ourense (2015) LEB
Soles de Mexicali (2015–2016) LNBP
CB Breogán (2016–2017) LEB

Aaron Geramipoor, nado o 11 de setembro de 1992 en Manchester (Inglaterra), é un xogador profesional de baloncesto británico, no que se desenvolve na posición de pivote cunha altura de 2,13 metros. É internacional coas categorías inferiores do Reino Unido.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Geramipoor naceu en Manchester (Reino Unido), cidade na que deu os seus primeiros pasos no mundo do baloncesto. Con 16 anos, mentres participaba nun torneo chama a atención da Canarias Basketball Academy, os cales comezan a seguir a súa traxectoria. Pouco tempo despois, a academia oferecélle unha bolsa para a temporada 2009−2010. Ao ano seguinte viaxa aos Estados Unidos, onde pasa a formar parte do equipo da Universidade de Seton Hall.

No ano 2014, tras acabar a súa formación, regresa a España formando parte do CB Robari-Canarias Basketball Academy da Liga LEB Prata. Alí, tras facer unhas destacábeis medias de 14,1 puntos e 8,5 rebotes por partido, asina en xaneiro co Club Ourense Baloncesto da Liga LEB. Co equipo galego consegue o ascenso á Liga ACB. A súa destacada actuación chama a atención do CB Gran Canaria da ACB, que conta con el a proba. Porén, finalmente o xogador inglés decide xogar no Soles de Mexicali de México, equipo co que acaba en primeira posición da Liga regular, aínda que acabaría perdendo na final do Playoff polo título. Na competición norteamericana aporta 8,7 puntos e 4,9 rebotes por partido,[1] chegar ser nomeado MVP da xornada.[2] En 2016 ficha polo Club Baloncesto Breogán,[3] con todo deixa o equipo o 20 de febreiro de 2017.

Clubs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Liga Nacional de Baloncesto Profesional". Sporting Pulse (en español). Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2016. 
  2. "Aaron Germaipoor MVP con Soles J.31, líder de la LNBP". Elite Sports (en español). Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2016. 
  3. "Aaron Geramipoor, poderío interior para o Cafés Candelas Breogán". CBBreogan.gal. 13 de setembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]