Érika Reija

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÉrika Reija
Biografía
Nacemento(es) María Érika Reija López Editar o valor em Wikidata
13 de maio de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia - bachelors degree in political science (en) Traducir (2000–2004)
Facultade de Ciencias da Información - Q67146338 Traducir (1999–2004) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , correspondente , politicóloga Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorRTVE (2004–) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4236497 Twitter: ereija Instagram: ereija Editar o valor em Wikidata

María Érika Reija López, nada en Lugo o 13 de maio de 1981, é unha politicóloga, xornalista e correspondente galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Érika Reija é licenciada en Ciencias da Información, na especialidade de Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e en Ciencias políticas e Goberno pola UNED. Ademais é experta no mundo árabe.

Desde setembro de 2004 a xuño de 2015, foi redactora da área de Internacional dos Servizos Informativos de Televisión Española, sendo enviada especial en diversos destinos, desde onde informou sobre a revolución da praza Tahrir ocorrida en 2011 en Exipto, a Guerra de Libia de 2011 e o conflito entre Israel e Palestina pola Franxa de Gaza.[2] Tamén cubriu o rescate dos mineiros chilenos de 2010 na mina San José.[3][4]

En 2011 traballou en Buscamundos, un programa de turismo solidario emitido na 2.[5][6]

Entre o 1 de xullo de 2015 e o 30 de xuño de 2017, foi correspondente de TVE en Rabat, en substitución de Luis Pérez López. Como correspondente en Marrocos, cubriu a información daquel país e a de todo o continente africano.[7]

Desde o 1 de xullo de 2017 ao 7 de marzo de 2022, pasou á correspondencia en Moscova. Como correspondente de Televisión Española en Rusia, cubriu a información daquel país e dos países que pertencían á Unión Soviética, sendo enviada especial en 2014 durante a anexión rusa de Crimea. Tivo que abandonar a cidade en 2022 durante a invasión de Ucraína debido á aprobación dunha nova lei que sanciona con até 15 anos de cárcere pola difusión de noticias que o goberno ruso considere como falsas.[8]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Recibiu en 2015 o premio «Entre Mulleres», outorgado polo concello de Lugo.[9]
  • Premio Internacional de Xornalismo á Mellor Correspondente Española en 2018 polo Club Internacional de Prensa e a Asociación de Correspondentes de Prensa Estranxeira.[10][11]
  • Recibiu o Premio José Couso en 2022.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "EN PRIMERA LÍNEA – ÉRIKA REIJA" (en castelán). Consultado o 2022-03-09. [Ligazón morta]
  2. V, R. (2022-03-05). "La periodista gallega Érika Reija obligada a abandonar Rusia" (en castelán). Consultado o 2022-03-09. 
  3. "TVE cesa a la corresponsal en Asia por irse de vacaciones durante el terremoto de Nepal" (en castelán). 2015-08-19. Consultado o 2022-03-09. 
  4. "#CORRESPONSALES. 10 AÑOS después del RESCATE de 'LOS 33': así se vivió en la MINA en CHILE. RTVE". 
  5. Lugo, El Progreso de (2011-02-25). "TVE envía a Érika Reija a Etiopía para el programa de viajes 'Buscamundos'" (en castelán). Consultado o 2022-03-09. 
  6. "«Buscamundos», un programa de viajes solidarios en La 2" (en castelán). 2011-09-30. Consultado o 2022-03-09. 
  7. Mingo, Por Alicia (2017-08-24). "Érika Reija aterriza en Moscú: “La primera corresponsalía es como el primer amor, nunca se olvida”" (en castelán). Consultado o 2022-03-09. 
  8. "Érika Reija - Rosa María Calaf - El café de las 9" (en castelán). 2021-05-30. Consultado o 2022-03-09. 
  9. "Premio Entre Mulleres para tres loitadoras polos dereitos" (en castelán). 2015-03-10. Consultado o 2022-03-09. 
  10. "El Club Internacional de Prensa premia a la corresponsal de TVE en Moscú" (en castelán). 2018-06-19. Consultado o 2022-03-09. 
  11. RTVE, PRENSA (2018-06-20). "Érika Reija, corresponsal de TVE en Moscú, recoge el premio del Club Internacional de Prensa" (en castelán). Consultado o 2022-03-09. 
  12. "Érika Reija gaña o Premio José Couso nunha reivindicación do papel dos medios públicos e do xornalismo nas guerras". Praza Pública. 2022-04-25. Consultado o 2022-04-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]