Saltar ao contido

Žydrūnas Ilgauskas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaŽydrūnas Ilgauskas

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1975 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Kaunas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (2014–)
Lituania (1975–2014) Editar o valor em Wikidata
Altura221 cm Editar o valor em Wikidata
Peso108 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor em Wikidata - 2011 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Lituania (1975–2014) Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor em Wikidata
Convocado porCleveland Cavaliers Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1993-1996 LSU-Atletas (en) Traducir
1996-2010 Cleveland Cavaliers
2010-2011 Miami Heat Editar o valor em Wikidata

Žydrūnas Ilgauskas, nado 5 de xuño de 1975, en Kaunas, é un ex xogador profesional lituano de baloncesto e actual adestrador asistente dos Cleveland Cavaliers. Cunha altura de 2,21 metros e un peso de 108 quilogramos, xogaba na posición de pivote. Levou sempre durante a súa carreira o número 11.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado por Cleveland Cavaliers na vixésima posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1996 procedente do BC Aisčiai de Kaunas, que xoga na Lituania. Dende entón non trocou de equipo, aínda que en 2010foi traspasado a Washington Wizards, sen chegar a debutar co equipo e regresando ao pouco de novo a Cleveland.

O 20 de marzo de 2009, durante o transcurso do partido contra Atlanta Hawks superou a marca dos 10.000 puntos a pesar de arrastrar unha serie de lesións nos pés durante toda súa carreira como profesional da NBA. Con ese fito converteuse no cuarto xogador da franquía en superar ese rexistro, xunto con LeBron James, Brad Daugherty e Austin Carr.[1]

O 17 de febreiro de 2010, Ilgauskas foi traspasado a Washington Wizards como parte dun intercambio a tres bandas, xunto cunha primeira rolda do draft de 2010 e os dereitos de Emir Preldžič; Antawn Jamison marchábase desde Washington a Cleveland Cavaliers; Drew Gooden de Washington a Los Angeles Clippers, Al Thornton dos Ánxeles a Washington e Sebastian Telfair dos Ánxeles a Cleveland.[2] Con todo, antes de debutar cos Wizards, estes romperon o contrato, converténdoo en axente libre. E finalmente o 23 de marzo de 2010 regresaría aos Cavs tras asinar un contrato polo que resta de tempada.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]