Émile Rousseau
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Émile Roger Rousseau 2 de agosto de 1927 6.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Morte | 21 de xaneiro de 2010 (82 anos) X Distrito de París, Francia |
Educación | Escola Nacional Superior de Belas Artes |
Actividade | |
Ocupación | medallista, gravador |
Premios | |
Émile Roger Rousseau, nado en París o 2 de agosto de 1927 e finado na mesma cidade o 21 de xaneiro de 2010, foi un medallista e deseñador de moedas francés, o vixésimo quinto en ocupar o posto de gravador xeral de moedas de Francia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Emile Rousseau, o menor de tres irmáns, amosou desde neno os seus dotes para o debuxo e a creación artística, que os seus pais incentivaron ao favorecer a súa formación en debuxo a partir dos seus 11 anos.[1][2][3]
Con 14 anos, en 1941, aprobou o acceso á École Boulle, onde se iniciou no gravado na sección de aceiro. En 1945 ingresou na Escola Nacional Superior de Belas Artes de París e incorporouse ao obradoiro de gravado de Henri Dropsy.[1][2][3][4][5]
Antes da Monnaie de Paris
[editar | editar a fonte]En 1954 acadou o segundo posto no Premio de Roma e pasou seis meses na Casa de Velázquez de Madrid, onde se distinguiu con senllas obras en ferro fundido, unha sobre El Greco e a outra sobre a Semana Santa de Sevilla.[1][2][3]
En 1957 logrou o primeiro lugar no Premio de Roma de gravado de coa medalla La Renaissance d'Eve.[1][3][6][7] Grazas á consecución do Premio de Roma, Rousseau puido acceder a unha estadía formativa de tres anos en Villa Medici, Roma, que aproveitou tamén para viaxar por toda Italia e por Grecia.[2]
En 1962, instalou o seu estudio en París, onde traballou como artista independente, que trasladou a unha zona máis céntrica en 1968. En 1963 expuxo 14 obras na Galerie Dauphine e en 1964 participou na exposición dedicada á medalla de España no Museo da Monnaie de Paris.[1][3]
Gravador Xeral de Moedas de Francia
[editar | editar a fonte]O 1 de abril de 1974, Rousseau foi nomeado Gravador Xeral de Moedas de Francia por Valery Giscard D'Estaing, que daquela era Ministro de Economía e Facenda,[1] e adoptou o característico deseño dun golfiño como marca privada de gravador.[2] Durante o exercicio do seu cargo na Monnaie de Paris creou diversas moedas francesas, entre elas a dun franco De Gaulle, a de 10 francos Gambetta, a de 2 francos Jean Moulin, e tamén unha moeda de 100 francos para o Principado de Mónaco, a nome de Rainiero III.[8] Tamén foi o autor de medallas,[9] algunhas delas dedicadas a personalidades como Marguerite Yourcenar, o xeneral De Gaulle ou Jean Moulin, e gravou tamén as espadas de académicos para o Instituto de Francia.[1][10]
O seu cargo implicaba tamén a dirección do obradoiro de gravado da Monnaie de Paris, e durante esas dúas décadas acompañou a máis de trinta gravadores de medallas a acadaren os seus logros artísticos.[1][2]
Coa súa xubilación en 1994 cesou a súa vinculación coa Monnaie de Paris e foi sucedido por Pierre Rodier no cargo de Gravador Xeral de Moedas.[1][12]
Derradeira etapa
[editar | editar a fonte]Xa xubilado, pasou en París durante os meses de inverno, onde mantivo unha intensa vida social e cultural, e os veráns nunha casa con xardín que adquiriu na Borgoña, onde seguiu a desenvolver a súa creación artística.[1]
Émile Rousseau recibiu varias distincións, entre elas a de Cabaleiro da Lexión de Honra en 1986, a de Oficial do Mérito Nacional en 1992 e a de Cabaleiro das Artes e das Letras.[1][3][12][13]
Rousseau faleceu en París o 21 de xaneiro de 2010.[1][3][12]
Escolma de traballos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 "Biographie: Émile Rousseau". Emile-rousseau.fr
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Portrait: Emile Rousseau". Páxina 35.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Darnis, J-M. (2010).
- ↑ "Écoles et travaux". Emile-rousseau.fr
- ↑ "Listes des anciens élèves et promotions de l’école Boulle depuis sa création en 1886". Nicolas-salagnac.com
- ↑ "Portrait: Emile Rousseau". Páxinas 35, 37.
- ↑ "Grd prix de Rome". Emile-rousseau.fr
- ↑ "Les monnaies". Emile-rousseau.fr
- ↑ "Les médailles". Emile-rousseau.fr
- ↑ "Graveur général à la Monnaie de Paris". Emile-rousseau.fr
- ↑ "100 francs Rainier III 40ème anniversaire de règne". Numista.com
- ↑ 12,0 12,1 12,2 "Portrait: Emile Rousseau". Páxina 36.
- ↑ "Prix monétaires et distinctions". Emile-rousseau.fr
- ↑ "10 francs Gambetta". Fr.numista.com
- ↑ "5 francs Mendès France". Fr.numista.com
- ↑ "2 francs Jean Moulin". Fr.numista.com
- ↑ "1 franc De Gaulle Nickel". Fr.numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Darnis, J-M. (2010). "In memoriam Émile Rousseau". En Bulletin numismatique. Nº 76. Abril. Páxina 6.
- "Portrait: Emile Rousseau". En 10e Salon Numismatique Toulouse-Aucamville. Marzo de 2022. Páxinas 35-44.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Raymond Joly |
Gravador xeral de moedas de Francia 1974 - 1794 |
Sucesor: Pierre Rodier |