Niño
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e1/Basket_style_nest.jpg/220px-Basket_style_nest.jpg)
Un niño, do latín nidus,[1] é un lugar de refuxio utilizado por animais para procrear e criar á súa descendencia.
Usos
[editar | editar a fonte]Os ovíparos (aves, réptiles, insectos, peixes) depositan os seus ovos e incúbanos, mentres que os mamíferos paren neles, pero todos crían posteriormente a súa prole nos niños.
Materiais e localizacións
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/76/Ni%C3%B1o_de_cisne_na_illa_das_Esculturas.jpg/220px-Ni%C3%B1o_de_cisne_na_illa_das_Esculturas.jpg)
Adoitan ser xeralmente de material orgánico, ramas, herba e follas, e poden estar pendurados sobre as pólas ou no oco dunha árbore, nunha fenda ou entrante de rocha, sobre o chan ou entre matogueira. Na actualidade tamén se colocan caixas de madeira para favorecer a creación de niños das distintas especies.
Tipoloxías
[editar | editar a fonte]![Niño nunha árbore. Nótase a difícil visualización aínda estando a árbore sen follas.](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/04/Ni%C3%B1o_nunha_%C3%A1rbore.jpg/220px-Ni%C3%B1o_nunha_%C3%A1rbore.jpg)
En xeral, cada especie ten uns estilos propios de niños, tanto en situación, forma e materiais, aínda que existen especies que comparten os mesmos niños e mesmo algunhas especies rouban os niños doutras.
Notas
- ↑ "ninho; Origem da palavra". origemdapalavra.com.br. Consultado o 2024-07-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Niño ![]() |
----
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |