Premios Mil Primaveras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Mil Primaveras é un premio que comezou a organizar a Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua no ano 2019 coa finalidade de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos cuxo obxectivo principal fose a posta en valor e o fomento da lingua galega.[1] Colabora economicamente a Deputación Provincial de Pontevedra e na entrega dos premios o Concello de Pontevedra.

O nome do premio "mil primaveras" entra en relación co texto "mil primaveras máis" de Álvaro Cunqueiro.

Proxectos galardoados[editar | editar a fonte]

Ano Estabilizado Novo Comunicación e impacto Máis innovador Mocidade Sectorial Mención
2019 Modelo Burela Falemos de ti e min Desafío 48 h Youtubeir@s Eu presumo de galego GCiencia
2020[2] Enreguéifate e Regueifesta Galeguiza-T Dígocho eu Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega Projeto Educativo Semente Galego empresas O galego, a miña lingua propia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Modelo Burela, Youtubeir@s e GCiencia, entre as gañadoras dos Premios Mil Primaveras". Sermos Galiza. 27 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 28 de xuño de 2019. 
  2. "Semente, Dígocho Eu ou Galeguiza-T, entre os proxectos recoñecidos nos II Premios Mil Primaveras". Nós Diario. Consultado o 2021-03-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]