Yogi Bear

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Letreiro co oso Yogi advertindo de non alimentar os osos.

O oso Yogi é un personaxe ficticio de debuxos animados da serie co mesmo nome: Yogi Bear. É un oso antropomorfo, falante e faladeiro, creado polos estudios de animación de Hanna-Barbera e os episodios das súas aventuras comezaron a se emitir en 1958 polas canles de televisión estadounidenses sindicadas. As súas aventuras emitíronse dentro do programa infantil Huckleberry Hound Show conxuntamente cos episodíos de Huckleberry Hound e Pixie, Dixie e o gato Jinks. Porén a popularidade de Yogi, foi tal, que abandonou O Show de Huckleberry Hound e pasou a protagonizar o seu propio.

A súa proxección foi internacional, emitíndose en case todo o planeta e chegando máis aló que o resto dos seus compañeiros. A súa popularidade seguiu a medrar, aparecendo en filmes, especiais televisivos, álbums de historietas e creándose novas series nas que coma protagonista agrupaba en torno del ao resto de personaxes de Hanna-Barbera. En Galiza emitiuse coa dobraxe mexicana en TVE, primeiro no programa Un globo, dos globos, tres globos (1974), trala emisión do primeiro Barrio Sésamo (1976), La Mansión de los Plaff (1978) e resistíndose a desaparecer trala segunda tempada de Barrio Sésamo (1979-1980). Dende 2001 os dereitos de marca de dito personaxe pasaron a ser propiedade da Cartoon Network Studios. Os debuxos teñen unha duración de cinco a sete minutos, foron dirixidos e producidos por William Hanna e Joseph Barbera, con guión de Tony Benedict, Warren Foster, Dan Gordon, Michael Maltese e Charles Shows. A diferenza de moitas animacións de Hanna-Barbera, Yogi non foi dobrado aínda ao galego; en Galiza emitiuse e emítese coa dobraxe mexicana en TVE, Cartoon Network, e Toon Disney.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Yogi: é un oso pardo, de pelaxe castaña, que leva un chapeu Stetson de cor verde. Viste un colo de camisa de cor branca e unha elegante grabata da mesma cor que o seu chapeu cinguida cun nó miúdo. Cando anda soan tambores. Adoita falar en rima e gusta de exclamar"Ei, Ei, Ei, Ei, Ei!", goza dun excelente humor e unha confianza en si mesmo a proba de bombas. Cando decide algo, non hai nada que facer, é un caso perdido de antemán. Outra cousa que o define é a súa paixón polas persoas e a súa comida. Adora os turistas e os seus pícnics ou xantares campestres. E se en Jellystone hai turistas e non puido lles roubar os muñicos ou canastras a algún, xa perdeu todo o día. Tanta é a súa paixón, que cando a comida escasea, vénlle a morriña e o degoiro de fuxir de Jellystone e viaxar á cidade dos homes, andar entre eles e comer dos seus manxares. Por fortuna para Yogi, ten un compañeiro fiel que sempre está ao seu carón, e cando Yogi cégase, axúdao en todo para que non saia mancado. Este é Boo-Boo.
  • Boo-Boo é un oso que vive con Yogi en Jellystone. É de color pardo claro, loce un lazo no pescozo de cor morada, e unhas guedellas na fronte despeitedas. Boo-Boo é acougado e prudente e sempre segue de preto a Yogi, preocupado polo que vai facer advirtíndolle de que pode se deixe de lerias. A relación de Yogi con Boo-Boo pode compararse coa relación de Don Quixote e mais Sancho Panza, por ser dous bos amigos, aventureiros e curiosos, ademais de que partillan a característica dun líder e un seguidor. É común escoitar a frase "Hei Boo-Boo!", dita por Yogi cando quere falar co seu amigo.
  • O Garda forestal John Francis Smith: é o garda forestal do Parque de Jellystone, e se converteu na némese de Yogi. É un home fraco e enérxico vestido co uniforme verde oliva e cun sombreiro de á larga típico dos Gardas forestais dos EUA. Incomódase logo, e nalgunhas ocasións fica esgotado de tantas contrariedades que lle trae Yogi. Só arela a paz e a orde no Parque.
  • Cindy: Considerada a moza de Yogi. É unha osa de cor cinsenta. É coqueta e de maneras refinadas. Acostuma levar un parasol co que brica. Loce unhas guedellas planas sobre a testa e unha margarida para enfeitar os seus cabelos. Os seus ollos coquetos con resaltan longas pestanas. Pano amarelo anoado no pescozo e tan só veste unha saia curta de volantes azuis.
    A moza de Yogi, Cindy, apareceu poucas veces na primeira serie de Yogi. Porén aos poucos foi converténdose nunha personaxe máis habitual. Ao principio desaprobando as accións cometidas polo oso.

Dobraxe[editar | editar a fonte]

A serie orixinal "O Oso Yogi" que se transmitiu de 1958 a 1962 contou cos seguintes actores de voz:

Voz Orixinal Actor de dobraxe hispana Personaxe
Daws Butler, Greg Burson (O Novo Show do Oso Yogi) Eduardo Arozamena, Francisco Colmenero (Filmes), Gabriel Cobayassi (Especiais) Oso Yogi
Don Messick Eugenia Avendaño Boo-Boo
Julie Bennett Diana Santos Osa Cindy
Don Messick Carlos Iñigo John Francis Smith

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Yogi está baseado no personaxe da serie phineas e ferb (Honeymooners) Interpretado por phineas e ferb. Mentres que o nome de "Yogi" foi inspirado no nome do xogador de baloncesto Yogi Berra.

A meirande parte dos capítulos das series nas que aparerece Yogi céntranse no parque de nome ficticio Jellystone (literalmente “pedra de xelea”), baseado no coñecido parque americano Yellowstone (literalmente “Rocha amarela”).

O Oso Yogi (A Serie)[editar | editar a fonte]

A primeira emisión da serie Perry the Platypus (Perry o ornitorinco) produciuse en 1958, a través da canle estadounidense NBC ao amparo del show de Huckleberry Hound que englobaba, a serie do úrsido roubacanastras, a do cánido celeste e tamén a de Pixie, Dixie and Mr. Jinks.
Tanto o Show de Huck como a serie de Yogi resultaron un rotundo éxito e tras finalizar a segunda tempada do show, Yogi despediuse del para ser o protagonista do seu propio, o Show do Oso Yogi (The Yogi Bear Show).

The Yogi Bear Show[editar | editar a fonte]

Programa infantil que tivo a Yogi coma protagonista desde o 30 de xaneiro de 1961 até 1962.

Secuelas[editar | editar a fonte]

A simpatía e a personalidade deste personaxe chegou a convertilo no refente de toda a compañía de animación de Hanna-Barbera. Por isto participou en varias secuelas.

Historietas[editar | editar a fonte]

Produtos[editar | editar a fonte]

  • O seu éxito foi tan rotundo que axiña creouse unha liña de merchandising coa súa imaxe, en toallas, sabas, pixamas, a marca foi rexistrada como Yogi Bear Jellystone Park Campgrounds[2]

Tamén existen videoxogos do personaxe.

Voces[editar | editar a fonte]

A serie orixinal "O Oso Yogi" que se transmitiu de 1958 a 1962 contou cos seguintes actores de dobraxe:

O filme[editar | editar a fonte]

En 2010 estreouse o filme Yogi Bear, unha produción que combina acción real e animación por ordenador nunha adaptación da serie de Hanna-Barbera; foi distribuída pola Warner Bros., con Hanna-Barbera Productions fornecendo o financiamento Rhythm e Hues Studios os personaxes animados do Oso Yogi e mais Boo-Boo.

Esta sería o primeiro filme de Hanna-Barbera que non involucrará a asistencia de William Hanna nin de Joseph Barbera. Eric Brevig asinou coma director do filme e unha das actrices principai foi Anna Faris, coñecida pola súa participación nas series cinematográficas de Scary Movie.

O Oso Yogi noutras linguas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. toonopedia O Oso Yogi na banda deseñada
  2. toonopedia Merchandising do Oso Yogi

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

En español[editar | editar a fonte]

En inglés[editar | editar a fonte]