1000 12/16

Don Quixote da Mancha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Don Quixote")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Don Quixote da Mancha
El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha.jpg
Portada
Título orixinalDon Quijote de la Mancha
Autor/aMiguel de Cervantes
OrixeEspaña
Linguacastelán
Xénero(s)Novela de cabalerías
EditorialFrancisco de Robles
Xuntanza Editorial (en galego)
Data de pub.1605 e 1615
1990 (en galego)
TraduciónValentín Arias, Xela Arias, María Xesús Senín, María Xosefa Senín, Xosé Antón Palacio Sánchez, Xavier Senín

Don Quixote da Mancha (en castelán: Don Quijote de la Mancha),[1] é unha novela escrita por Miguel de Cervantes. Publicada a súa primeira parte co título de O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha (en castelán: El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha) a comezos de 1605, é a obra máis destacada da literatura española e unha das principais da literatura universal.[2][3] En 1615 apareceu a súa continuación baixo o título de Segunda parte del ingenioso caballero don Quijote de la Mancha. O Quixote de 1605 publicouse dividido en catro partes; pero semella que o Quixote de 1615 en calidade de Segunda parte da obra, quedou revocada de feito a partición en catro seccións do volume publicado dez anos antes por Cervantes.[4]

É a primeira obra xenuinamente desmitificadora da tradición cabaleiresca e cortés polo seu tratamento chanceiro. Representa a primeira novela moderna e a primeira novela polifónica; como tal, exerceu un enorme influxo en toda a narrativa europea. Por considerarse «o mellor traballo literario xamais escrito», encabezou a lista das mellores obras literarias da historia, que se estabeleceu coas votacións de cen grandes escritores de 54 nacionalidades a petición do Club Noruegués do Libro en 2002; así, foi a única excepción na estrita orde alfabética que se dispuxo.[5]

Foi traducido ó galego en 1990 por Xela Arias, Valentín Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez, Xavier Senín e Xesús Senín (Xuntanza, ISBN 84-86614-64-3).[6]

Varias edicións do Quixote, entre elas dúas en galego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na primeira edición da novela, publicada a comezos de 1605, o título que aparece na portada é EL INGENIOSO HIDALGO DON QVIXOTE DE LA MANCHA. En canto ós aspectos ortográficos, a grafía V era a habitual na época para representar en letra maiúscula ó fonema vocálico /u/; en canto á X, representaría neste caso, moi probablemente, o fonema fricativo alveolar /x/ (pronunciado como a j castelá), algo que seguiría facendo (a carón das grafías «j» e «i») tanto en letra maiúscula como en minúscula, até o século XVIII. En canto ó título orixinal, postulouse que fose El ingenioso hidalgo de la Mancha, segundo aparece na «tasa» e o «privilegio real» dos preliminares da primeira parte de 1605, aínda que non se puido discernir se esta formulación responde á intención de Cervantes ou a un descoido ó tramitar a publicación da novela, é unha abreviación de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha ou procede dun erro administrativo. Cfr. nota 2 da tasa na ed. de F. Rico publicada por el CVC.
  2. Pérez de Antón, Francisco (decembro de 2004). "La lección moral de Cervantes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2017. Consultado o 04 de decembro de 2018. 
  3. "The most popular books of all time". Lovereading.co.uk (en inglés). agosto de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  4. "Primera parte del ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha". IES Adaja. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  5. (en inglés) «The top 100 books of all time.» The Guardian. Consultado o 14 de xaneiro de 2013.
  6. O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha de Xuntanza Editorial na páxina do Instituto Cervantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]